1 Crónicas 6
6
1Fillos de Leví: Guerxom, Quehat e Merarí.
2Fillos de Guerxom: Libní e Ximí. 3Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel. 4Fillos de Merarí: Mahlí e Muxí. Estas son as familias de Leví.
5Descendentes de Guerxom: Libní, Iáhat, Zimah; 6Ioah, Idó, Zérah e Ieatrai. 7Descendentes de Quehat: Aminadab, Córah, Asir, 8Elcanah, Abiasaf, Asir, 9Táhat, Uriel, Uzías e Xaúl. 10Fillos de Elcanah: Amasai e Ahimot, 11pai de Elcanah, pai de Sofai, pai de Náhat, 12pai de Eliab, pai de Ieroham, pai de Elcanah. 13Fillos de Samuel: Ioel, o primoxénito, e Abías, o segundo. 14Fillos de Merarí: Mahlí, Libní, Ximí, Uzá, 15Ximá, Haguías e Asaías.
16Mestres do coro, nomeados por David para o servizo do canto no templo de Iavé, cando a arca tivo alí o seu lugar de acougo. 17O seu oficio consistía en cantar diante do tabernáculo, na Tenda do Encontro, ata que Salomón edificou o templo de Iavé en Xerusalén. Máis tarde realizaron nel as súas funcións coma de costume.
18Velaquí os que oficiaban, con seus fillos: dos fillos de Quehat: Hemán, como cantor, fillo de Ioel, fillo de Samuel, 19fillo de Elcanah, fillo de Ieroham, fillo de Eliel, fillo de Toah, 20fillo de Suf, fillo de Elcanah, fillo Amasai, 21fillo de Elcanah, fillo de Ioel, fillo de Azarías, fillo de Sofonías, 22fillo de Táhat, fillo de Asir, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, 23fillo de Ishar, fillo de Quehat, fillo de Leví, fillo de Israel.
24Seu irmán Asaf estaba á súa dereita; Asaf, fillo de Berequías, fillo de Ximá, 25fillo de Micael, fillo de Baseías, fillo de Malaquías, 26fillo de Etní, fillo de Zérah, fillo de Adaías, 27fillo de Etán, fillo de Zimah, fillo de Ximí, 28fillo de Iáhat, fillo de Guerxom, fillo de Leví.
29A súa esquerda estaban seus irmáns, os fillos de Merarí: Etán, fillo de Quixí, fillo de Abdí, fillo de Maluc, 30fillo de Haxabías, fillo de Amasías, fillo de Hilquías, 31fillo de Amasí, fillo de Baní, fillo de Xémer, 32fillo de Mahlí, fillo de Muxí, fillo de Merarí, fillo de Leví.
33Seus irmáns, os levitas, tiñan ó seu cargo todo o servizo do tabernáculo do templo.
34Aharón e seus fillos eran os que ofrecían os sacrificios no altar dos holocaustos e queimaban incenso no altar dos perfumes, cumprindo estes servizos no Santo dos Santos e facendo a expiación por Israel conforme todo o que mandara Moisés, servo de Iavé.
35Velaquí os fillos de Aharón: Elazar, Pinhás, Abixúa, 36Buquí, Uzí, Zerahías, 37Meraiot, Amarías, Ahitub, 38Sadoc, Ahimaas.
Cidades levíticas
39Estas son as súas residencias segundo os límites dos seus campamentos. Os fillos de Aharón, da familia de Quehat, sinalados pola sorte, 40déuselles Hebrón, na terra de Xudá, cos eixidos dos arredores; 41pero o territorio da cidade e as súas aldeas foron dados a Caleb, fillo de Iefuneh.
42Déronlles, pois, ós fillos de Aharón a cidade de Hebrón como cidade refuxio, Libnah cos seus contornos, Iatir e Extemóah, tamén cos seus contornos; 43Hilez cos seus eidos e Debir cos seus eidos; 44Axán cos seus eidos, Bet—Xémex cos seus eidos; 45da tribo de Benxamín déronlles: Gueba cos seus eidos; Alémet cos seus eidos e Anatot cos seus eidos. As súas cidades foron trece en total, segundo as súas familias.
46Os outros fillos de Quehat tocáronlles en sorte dez cidades da tribo de Efraím, da tribo de Dan e da media tribo de Menaxés.
47Os fillos de Guerxom, segundo as súas familias, tiveron trece cidades da tribo de Isacar, da tribo de Axer, da tribo de Naftalí e da tribo de Menaxés en Baxán.
48Os fillos de Merarí, segundo as súas familias, tiveron por sorte doce cidades da tribo de Rubén, da tribo de Gad e da tribo de Zebulón.
49Os fillos de Israel déronlles ós levitas estas cidades cos seus contornos.
50Déronllelas ás sortes, da tribo de Xudá, da tribo de Simeón e da tribo dos fillos de Benxamín, ás que lles puxeron os seus propios nomes.
51As familias de Quehat tocáronlles en sorte cidades na tribo de Efraím.
52Déronlles, con dereito de asilo, as cidades de Xequem, no monte de Efraím e os seus contornos; a de Guézer cos seus contornos; 53A de Iocmeam cos seus contornos; a de Bethorón, cos seus contornos; 54A de Aialón cos seus contornos; e a de Gat—Rimón cos seus contornos.
55Na media tribo de Menaxés, Aner, cos seus contornos; e Bilam, cos seus contornos, foron para aqueles que quedaban das familias de Quehat.
56As familias de Guerxom tocáronlles en sorte: da media tribo de Menaxés, Golán de Baxán, cos seus contornos; e Axtarot cos seus contornos.
57Da tribo de Isacar, Axperón cos seus contornos; Daberat cos seus contornos; 58Ramot cos seus contornos; e Anem cos seus contornos.
59Da tribo de Axer, Maxal, cos seus contornos; Abdón cos seus contornos; 60Hucoq cos seus contornos; e Rehob cos seus contornos.
61Da tribo de Naftalí, Cadex de Galilea cos seus contornos; Hamón cos seus contornos; e Quiriataim cos seus contornos.
62Para os restantes fillos de Merarí, déronlles: da tribo de Zebulón, Rimón cos seus contornos; e Tabor cos seus contornos.
63Na outra parte do Xordán, de fronte a Iericó, ó leste do río Xordán, da tribo de Rubén déronlles: Béser no deserto cos seus contornos; Iahsah cos seus contornos; 64Quedemot cos seus contornos; e Mefáat cos seus contornos.
65Da tribo de Gad: Ramot en Galaad cos seus contornos; Mahamaim cos seus contornos; 66Hexbón cos seus contornos; e Iazer cos seus contornos.
Currently Selected:
1 Crónicas 6: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT