YouVersion Logo
Search Icon

1 Crónicas 7

7
Descendentes de Isacar
1Fillos de Isacar: Tolá, Fúah, Iaxub e Ximrón: catro en total. 2Fillos de Tolá: Uzí, Refaías, Ieriel, Iahmai, Ibsam e Samuel, xefes das familias de Tolá, homes todos capacitados para o exercicio das armas. O seu número no tempo de David era de vinte e dous mil seiscentos. 3Fillo de Uzí: Izrahías; fillos de Izrahías: Micael, Abdías, Ioel, Ixías: en total cinco xefes. 4Tiñan, segundo as súas xenealoxías polas casas paternas, trinta e seis mil homes armados para a loita, pois eran moitas as mulleres e fillos. 5Seus irmáns de todas as familias de Isacar, homes guerreiros, facían un total de oitenta e sete mil; todos estaban rexistrados nas xenealoxías.
Descendentes de Benxamín
6Fillos de Benxamín: Bela, Béquer e Iediael: tres en total. 7Fillos de Bela: Esbón, Uzí, Uziel, Ierimot e Irí: cinco en total. Eran xefes das familias de seus pais e homes guerreiros; tamén estes estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vinte e dous mil trinta e catro. 8Fillos de Béquer: Zemirah, Ioax, Eliézer, Elioenai, Omrí, Ierimot, Abías, Anatot e Alémet, todos eles fillos de Béquer, 9rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas xeracións, coma xefes das familias de seus pais, e homes guerreiros en número de vinte mil douscentos. 10Fillo de Iediael: Bilhán. Fillos de Bilhán: Iehux, Benxamín, Ehud, Quenanah, Zetán, Tárxix e Ahixáhar, 11todos eles fillos de Iediael; como xefes das familias de seus pais e homes guerreiros estaban rexistrados en número de dezasete mil douscentos, preparados para tomaren armas e marchar á guerra.
12Os xufitas e os hupitas eran fillos de Ir; e os huxitas, fillos de Aher.
Descendentes de Naftalí
13Fillos de Naftalí: Iahsiel, Guní, Iéser e Xalum, fillos de Bilhah.
Descendentes de Menaxés
14Fillos de Menaxés: Asriel e Maquir, pai de Galaad. Os dous eran fillos dunha concubina aramea. 15Maquir tomou muller dos xufitas e hupitas. Súa irmá chamábase Macah. O nome do segundo fillo era Selofhad. Selofhad tivo fillas. 16Macah, muller de Maquir, pariu un fillo e chamoulle Pérex; seu irmán chamouse Xárex, e foron seus fillos Ulam e Ráquem. 17Fillo de Ulam: Bedán. Estes son os fillos de Galaad, fillo de Maquir, fillo de Menaxés. 18Súa irmá Hamoléquet pariu a Ixhod, Abiézer e a Mahlah. 19Fillos de Xemidá: Ahián, Xequem, Lichí e Aniam.
Descendentes de Efraím
20Fillos de Efraím: Xutélah, pai de Béred, pai de Táhat; 21pai de Zabad, pai de Xutélah, pai de Ézer e Elad. Os homes de Gat, oriúndos do territorio, matáronos cando baixaban para recoller o seu gando. 22Efraím, seu pai, fixo moito tempo dó por eles, e os seus irmáns viñeron consolalo. 23Despois foi onda súa muller, que concebiu e pariu un fillo; chamábase Beriah, pola desgraza na que se atopaba a súa familia.
24Tivo por fillo a Xerah, que edificou Bethorón Alto e Baixo, e Uzén Xerah; 25a Réfah, pai de Xutélah, pai de Táhan; 26pai de Ladán, pai de Amihud, pai de Elixamá; 27pai de Nun, pai de Xosué.
28Tiñan habenza e morada en Betel e nas cidades da súa dependencia; ó oriente, Narán; ó occidente, en Guézer e nas cidades da súa dependencia; en Xequem e nas cidades da súa dependencia, ata Aiah e as cidades da súa dependencia. 29Os fillos de Menaxés posuían Bet—Xeán e as cidades da súa dependencia, Zanac a as cidades da súa dependencia, Dor e as cidades da súa dependencia. Nestas cidades habitaron os fillos de Xosé, fillo de Israel.
Descendentes de Axer
30Fillos de Axer: Imná, Ixvah, Ixví, Beriah e Sénah, súa irmá. 31Fillos de Beriah: Héber e Malquiel. Malquiel era pai de Birzáit. 32Héber xerou a Iaflet, Xomer, Hotam e Xuá, irmá destes. 33Fillos de Iaflet: Pasac, Bimhal e Axvat. Estes son os fillos de Iaflet. 34Fillos de Xomer: Ahí Rohgah, Iahbá e Aram.
35Fillos de Hélem, seu irmán: Sofah, Imná, Xélex e Amal. 36Fillos de Sofah: Súah, Harnéfer, Xual, Berí e Imrah; 37Béser, Hod, Xamá, Xilxah, Itrán e Beerá. 38Fillos de Iéter: Iefuneh, Pispah e Ará.
39Fillos de Ulá: Arah, Haniel e Risías.
40Todos estes fillos de Axer eran xefes das casas de seus pais, homes selectos e guerreiros; xefes de príncipes. Estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vinte e seis mil, preparados para a loita.

Currently Selected:

1 Crónicas 7: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in