YouVersion Logo
Search Icon

1 Crónicas 5

5
Descendentes de Rubén
1Fillos de Rubén, primoxénito de Israel. Era o primoxénito, pero por manchar o leito de seu pai, o dereito de primoxenitura foilles dado ós fillos de Xosé, fillo de Israel, e non foi rexistrado como primoxénito.
2Xudá foi abofé poderoso entre seus irmáns e o príncipe deles, pero o dereito de primoxenitura foi de Xosé.
3Fillos de Rubén, primoxénito de Israel: Henoc, Falú, Hesrón e Carmí.
4Fillos de Ioel: Xemaías, seu fillo; Gog, seu fillo; Ximí, seu fillo; 5Miqueas, seu fillo; Reaías, seu fillo; Báal, seu fillo, 6e Beerah, fillo seu, levado a Asiria por Teglat Peléser, rei de Asiria. Era príncipe dos rubenitas.
7Seus irmáns, segundo as súas familias, tal como foron rexistrados nas xenealoxías, foron: o primeiro, Ieiel, Zacarías, 8Bela, fillo de Azaz, fillo de Xemá, fillo de Ioel, que habitou en Aroer ata Nebó e Baal—Meón, 9e ó Oriente, ata a entrada do deserto, desde o río Éufrates, pois tiña moito gando na terra de Galaad.
10En tempos de Xaúl fixéronlles a guerra ós agarenos, que caeron no seu poder, e habitaron nas súas tendas en todo o Oriente de Galaad.
Descendentes de Gad
11Enfronte deles habitaban os fillos de Gad, na terra de Baxán ata Salcah.
12Ioel foi o primeiro; Xafam, o segundo; logo Ianai e Xafat, no Baxán.
13Seus irmáns, segundo as casas de seus pais, eran: Micael, Mexulam, Xeba, Iorai, Iacán, Zía e Héber, que fan sete.
14Velaquí os fillos de Abihail, fillo de Hurí, fillo de Iaróah, fillo de Galaad, fillo de Micael, fillo de Iexixai, fillo de Iahdó, fillo de Buz; 15Ahí, fillo de Abdiel, fillo de Guní, era o xefe das casas de seus pais.
16Habitaban en Galaad, no Baxán, nas cidades da súa dependencia, e nos eidos de Xarón ata os seus límites.
17Foron rexistrados todos nas xenealoxías en tempos de Iotam, rei de Xudá e de Ieroboam, rei de Israel.
18Os fillos de Rubén, os de Gad e de media tribo de Menaxés, en número de corenta e catro mil setecentos sesenta, eran bos para a guerra: valorosos, levaban escudo e espada, tensaban o arco e eran entendidos na arte da guerra.
19Fixéronlles a guerra ós agarenos, ós itureos, a Nafix e a Nodab.
20Foron axudados contra eles, e os agarenos e cantos estaban con eles caeron nas súas poutas, pois durante a loita chamaron a Deus que os escoitou, por confiaren nel.
21Colleron o seu gando: cincuenta mil camelos, duascentas cincuenta mil ovellas, dous mil asnos, e levaron presas a cen mil persoas, 22e houbo moitos mortos, pois o combate viña de Deus. Establecéronse no seu lugar ata o tempo en que foron levados á catividade.
Descendentes da media tribo de Menaxés
23Media tribo de Menaxés habitaba a rexión desde o Baxán ata Baal—Hermón, Senir e a montaña de Hermón. Eran numerosos.
24Velaquí os xefes das casas de seus pais: Éfer, Ixí, Eliel, Azriel, Xeremías, Hodavías, Iahdiel, homes valerosos, xente de fama, xefes das casas de seus pais.
25Pero pecaron contra o Deus de seus pais e prostituíronse tralos deuses das xentes da terra que Deus destruíra diante deles.
26Entón o Deus de Israel encirrou contra eles o espírito de Pul, rei de Asiria (é dicir, o espírito de Teglat Peléser, rei de Asiria), quen levou presos os rubenitas, gaditas e a media tribo de Menaxés, conducíndoos a Halah, Habor, Hará e ó río Gozán, onde habitaron ata hoxe.
Descendentes de Leví
27Fillos de Leví: Guerxom, Quehat, Merarí. 28Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel. 29Fillos de Amram: Aharón, Moisés e María. Fillos de Aharón: Nadab, Abihú, Elazar e Itamar. 30Elazar xerou a Pinhás; Pinhás xerou a Abixúa; 31Abixúa xerou a Buquí; Buquí xerou a Uzí; 32Uzí xerou a Zerahías; Zerahías xerou a Meraiot; 33Meraiot xerou a Amarías; Amarías xerou a Ahitub; 34Ahitub xerou a Sadoc; Sadoc xerou a Ahimaas; 35Ahimaas xerou a Azarías; Azarías xerou a Iohanán; 36Iohanán xerou a Azarías, que exerceu o sacerdocio no templo que Salomón edificou en Xerusalén; 37Azarías xerou a Amarías; Amarías xerou a Ahitub; 38Ahitub xerou a Sadoc; Sadoc xerou a Xalum; 39Xalum xerou a Hilquías; Hilquías xerou a Azarías; 40Azarías xerou a Seraías; Seraías xerou a Iosadac; 41Iosadac foi á catividade cando o Señor desterrou a Xudá e a Xerusalén por medio de Nabucodonosor.

Currently Selected:

1 Crónicas 5: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in