1 Crónicas 4
4
Descendentes de Xudá
1Fillos de Xudá: Peres, Hesrón, Carmí, Hur e Xobal.
2Reaías, fillo de Xobal, xerou a Iahat; Iahat xerou a Ahumai e a Láhad. Estas foron as familias dos sorahitas.
3Velaquí os descendentes de Etam: Iezrael, Ixmá e Idbax. O nome de súa irmá era Haslefoní; 4Penuel, que fundou Guedor e Ézer, que fundou Huxah. Estes son os fillos de Hur: Efratah, o primoxénito, que fundou Belén; 5Axhur,que fundou Tecoa e tivo dúas mulleres: Helah e Narah.
6Narah pariulle a Ahuzam, Héfer, Temní e Ahaxtarí. Estes foron os fillos de Narah.
7Fillos de Helah: Séret, Iosohar e Etnán.
8Cos xerou a Anub e a Sobebah e ás familias de Aharhel, fillo de Harum.
9Iabés foi o máis ilustre dos irmáns. Súa nai deulle o nome de Iabés dicindo: —"Por—que o parín con dor".
10Iabés invocou ó Deus de Israel dicindo: —"Bendime, estende o meu territorio e que a túa man sexa comigo. Gárdame de todo mal, de xeito que eu non padeza...". E Deus deulle o que lle pedía.
11Quelub, irmán de Xuhah, xerou a Mehir, que foi pai de Extón.
12Extón xerou a Bet—Rafá, a Paséah e a Tehinah, fundador de Nahax.
Estes foron os homes de Recah.
13Fillos de Quenaz: Otoniel e Seraías. Fillos de Otoniel: Hatat e Meonotai.
14Meonatai xerou a Ofrah, e Seraías xerou a Xoab, fundador de Gue—Haraxim, pois eran artesáns.
15Fillos de Caleb, o fillo de Iefuneh: Iru, Elah, Náam; e o fillo de Elá: Quenaz.
16Fillos de Iehalelel: Zif, Zifah, Tiriá e Asarel.
17Fillos de Esdras: Iéter, Méred, Éfer e Ialón. Iéter xerou a Miriam, Xamai e Ixbah, fundador de Extemoa.
18A súa muller, xudía ela, pariu a Iéred, fundador de Guedor; a Héber, fundador de Socó; e a Iecutiel, fundador de Zanóah. Estes son os fillos de Bitiah, filla de Faraón, que Méred tomou por muller.
19Os fillos da muller de Odías, irmá de Náham, foron: o pai de Queilah, o garmita e Extemoa, o macateo.
20Fillos de Ximón: Ammón, Rinah, Ben—Hanán e Tilón. Fillos de Ixí: Zohet e Ben—Zohet.
21Fillos de Xelah, fillo de Xudá: Er, fundador de Lecah; Ladah, fundador de Marexah e as familias da casa onde se traballa o liño, en Bet—Axbea; 22Ioquim e os homes de Cozebá; Ioax e Saraf, que dominaron en Moab, antes de volver a Belén. (Estas son cousas antigas).
23Estes eran oleiros e habitaban en Netaím e Guederá, cerca do rei, e traballaban para el.
Descendentes de Simeón
24Fillos de Simeón: Nemuel, Iamín, Iarib, Zérah e Xaúl. Fillos de Xaúl: 25Xalum, Mibsam, seu fillo, e Mixmá, fillo deste.
26Fillos de Mixmá: Hamuel, seu fillo, do que naceu Zacur, que tivo a Ximí.
27Ximí tivo dezaseis fillos e seis fillas. Seus irmáns non tiveron tantos fillos, e as súas familias non se multiplicaron tanto coma as dos fillos de Xudá.
28Habitaban en Beerxeba, Moladah, e Hasar—Xual, 29en Bilhah, en Ésem, en Tolad, 30en Betuel, en Hormah, en Siquelag, 31en Bet—Marcabot, en Hasar—Susim, Bet—Birí e en Xaraim. Estas foron as súas cidades ata o reino de David; 32e as súas aldeas eran Etam, Aim, Rimón, Toquen e Axán: cinco aldeas en total 33e todas as vilas no arredor destas cidades ata Baal. Estas son as súas moradas e as súas xenealoxías.
34Mesobat, Iamlec, Ioxah, fillo de Amasías; 35Ioel, Iehú, fillo de Ioxibías, fillo de Seraías, fillo de Asiel.
36Elioenai, Iacobah, Iexohaías, Asaías, Adiel, Iesimiel, Benaías, 37Zizá, fillo de Xifí, fillo de Alón, fillo de Iedaías, fillo de Ximrí, fillo de Xemaías.
38Estes, polos seus nomes eran príncipes nas súas familias, e as súas casas paternas fixéronse grandes.
39Foron da parte de Guedor ata o Oriente do val, procurando pasto para o seu gando.
40Atoparon herba, bo pasto e unha rexión abondosa, tranquila e apracible. Os que antes habitaran esa rexión descendían de Cam.
41Estes, descritos polos seus nomes, viñeron en tempos de Ezequías, rei de Xudá, atacaron as súas tendas e os mineos que atoparon alí destruíronos ata hoxe, habitando no sitio deles, por haber alí pasto para o seu gando.
42Tamén cincocentos dos deles —dos fillos de Simeón—, foron ó monte de Seir levando por xefes a Pelatías, Nearías, Refaías e Uziel, fillos de Ixí; 43e derrotaron ó resto que quedara de Amalec, e habitaron alí ata hoxe.
Currently Selected:
1 Crónicas 4: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT