1 Crónicas 25
25
Organización dos cantores
1David e os fillos do exército separaron ós que de entre os fillos de Asaf, de Hemán e de Iedutún tiñan que facer o oficio de profetas, con cítaras, arpas e címbalos. Esta é a relación dos homes encargados destes servizos. 2Dos fillos de Asaf: Zacur, Xosé, Netanías e Asarélah, baixo a dirección de Asaf, que pola súa banda profetizaba baixo a dirección do rei. 3De Iedutún: os seus fillos: Guedalías, Serí, Isaías, Ximí, Haxabías, Matitías, seis, baixo a dirección de seu pai, Iedutún, que profetizaba coa cítara para louvar e glorificar a Iavé. 4De Hemán: seus fillos, Buquías, Matitías, Uziel, Xebuel, Ierimot, Ananías, Hananí, Eliatah, Guidalti, Romantiézer, Ioxbecásah, Maloti, Hotir e Mahaziot.
5Todos estes eran fillos de Hemán, vidente do rei, nas cousas de Deus, para exaltar o seu poder. Deus dera a Hemán catorce fillos e tres fillas.
6Todos estes foron postos baixo a dirección dos seus pais para cantaren no templo de Iavé, tocando os címbalos, as arpas e os salterios. Cumprindo os ministerios da casa de Iavé, seguindo as instrucións do rei, de Asaf, Iedutún e Hemán. 7O seu número, contando os seus irmáns, os que estaban instruídos no canto de Iavé —todos eles entendidos—, eran douscentos oitenta o oito. 8Foron sorteados en cada clase sen acepción de persoas, mozos e vellos, mestres e discípulos.
9O primeiro por sorte foi Xosé, da casa de Asaf; e o segundo, Guedalías, por el e polos seus fillos e irmáns, en número de doce; 10o terceiro, Zacur e os seus fillos e irmáns, en número de doce; 11o cuarto, Isrí, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 12o quinto Netanías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 13o sexto, Buquías, cos seus fillos e irmáns, en número de doce; 14o sétimo, Asarélah, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 15o oitavo, Isaías, cos seus fillos e irmáns, en número de doce; 16o noveno, Matanías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 17o décimo, Ximí, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 18o undécimo, Azarel, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 19o duodécimo, Axabías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 20o décimo terceiro Xubael, cos seus fillos e seus irmáns, en número de doce. 21o décimo cuarto, Matitías, cos seus fillos e seus irmáns en número de doce; 22o décimo quinto, Ierimot, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 23o décimo sexto, Ananías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 24o décimo sétimo, Ioxbecásah, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 25o décimo oitavo, Hananí, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 26o décimo noveno, Maloti, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 27o vixésimo, Eliátah, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 28o vixésimo primeiro, Hotir, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 29o vixésimo segundo, Guidalti, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 30o vixésimo terceiro, Mahziot, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 31o vixésimo cuarto, Romantiézer, cos seus fillos e irmáns en número de doce.
Currently Selected:
1 Crónicas 25: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT