1 Crónicas 26
26
Distribución dos porteiros
1Tamén foron distribuídos os gardas das portas. Dos corahitas, Meselemías, fillo de Coré, descendente de Abiasaf.
2Fillo de Mexelemías: Zacarías, o primoxénito; Iediel, o segundo; Zebadías, o terceiro; Iatniel, o cuarto; 3Elam, o quinto; Iohanán, o sexto; Elioenai, o sétimo.
4Fillos de Obededom: Semaías, o primoxénito; Iozabad, o segundo; Ioah, o terceiro; Sacar, o cuarto; Natanael, o quinto; 5Amiel, o sexto; Isacar, o sétimo; Peuletai, o oitavo; pois Deus bendicira a Obededom.
6A Semaías, seu fillo, nacéronlle fillos que prevaleceron na casa de seu pai e eran homes fortes.
7Fillos de Semaías: Otní, Rafael, Obed, Elzabad, e seus irmáns, homes fortes, Elihú e Semaquías.
8Todos estes eran fillos de Obededom. Eles, seus fillos e seus irmáns, foron homes vigorosos e de moita forza para o servizo. En total eran sesenta e dous.
9Os fillos e os irmáns de Mexelemías, homes tamén fortes, eran dezaoito en total.
10Os fillos de Merarí foron: Hosah, que tivo por fillos a Ximrí, o xefe (feito xefe por seu pai a pesar de non ser o primoxénito); 11Hilquías, o segundo; Tebalías, o terceiro; Zacarías, o cuarto. Os fillos e os irmáns de Hosah eran trece en total.
12A este grupo de porteiros, ós xefes deles e a seus irmáns, foi encomendada a garda para o servizo de templo.
13Foron sorteados para cada porta, pequenos e grandes, segundo as súas casas paternas.
14Tocou por sorte a Xelemías o lado de oriente. Botouse a sorte para Zacarías, seu fillo, que era un prudente conselleiro, e tocoulle o lado do mediodía. 15A Obededom —e a seus fillos— tocoulle sur, onde tamén estaban as despensas.
16A Hosah tocoulle o lado do occidente, á parte de Xaléquet, que sae á rúa da subida. Estes corpos de garda correspondíanse uns cos outros.
17A porta de oriente estaba gardada por seis levitas, e a do norte por catro, que se renovaban todos os días. Na porta de mediodía había tamén catro por día. Outros catro servían, de dous en dous, nas despensas.
18Onda o pórtico, a occidente, había catro na rúa e dous no pórtico.
19Deste modo foron distribuídos os porteiros, que eran todos fillos de Coré e de Merarí.
Outras funcións dos levitas
20Os levitas, seus irmáns, tiñan ó seu cargo os tesouros do templo e os obxectos sagrados.
21Os fillos de Ladán, que por Ladán eran descendentes de Guerxom, tiñan ós guerxonitas por xefes das casas paternas de Ladán, guerxonita.
22Os fillos de Iehielí, Zetan e Ioel, seu irmán, gardaban os tesouros do templo.
23De entre os amramitas, iseharitas, hebronitas e uzielitas, 24Xebuel, fillo de Guerxom, fillo de Moisés, era intendente do tesouro.
25Os seus irmáns, descendentes de Eliézer, eran: Rehabías, Isaías, Ioram, Zicrí, Xelomit.
26Este, Xelomit, e seus irmáns, gardaban os tesouros das cousas santas que foran consagradas polo rei David (cos xefes das casas paternas, os xefes de millares e de centenas, e cos xefes do exército), 27que facían parte do botín de guerra e dos espolios para o templo.
28Tamén gardaban todo o que fora consagrado por Samuel, o vidente; por Xaúl, fillo de Quix; por Abner, fillo de Ner; por Ioab, fillo de Seruiah. Todas as cousas consagradas estaban baixo a custodia de Xelomit e de seus irmáns.
29De entre os iseharitas, Ieconías e seus irmáns exerceron funcións alleas ó templo, como oficiais e xuíces de Israel.
30De entre os hebronitas, Haxabías e seus irmáns, homes valentes (mil setecentos en total) gobernaban ós israelitas do lado de alá do Xordán, na súa parte occidental, tanto no tocante a Iavé, coma no que se refire ó servizo do rei.
31Polo que fai ós hebronitas, dos que era xefe Ierías, fixéronse, o ano corenta do reinado de David, investigacións segundo as súas xenealoxías e as súas casas paternas, e atopáronse entre eles homes valentes en Iazer de Galaad.
32Seus irmáns, homes valentes, foron dous mil setecentas cabezas das casas patriarcais. E o rei David encargoulles a administración dos rubenitas, gaditas e da media tribo de Menaxés para todas as cousas de Deus e os asuntos do rei.
Currently Selected:
1 Crónicas 26: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT