1 Crónicas 24
24
Organización dos sacerdotes
1Velaquí as clases dos fillos de Aharón. Fillos de Aharón: Nadab, Abihú, Elazar e Itamar. 2Nadab e Abihú morreron antes ca seu pai e non deixaron fillos. Elazar e Itamar cumpriron a función sacerdotal. 3David con Sadoc —dos fillos de Elazar—, e con Ahimélec —dos fillos de Itamar—, distribuíunos en quendas para o servizo. 4Houbo entre os fillos de Elazar máis xefes ca entre os fillos de Itamar, e fíxose esta división: os fillos de Elazar tiñan dezaseis xefes de casas paternas, e os fillos de Itamar, oito. 5Fíxose a distribución por sorte, uns cos outros, e foron xefes do santuario de Deus tanto os fillos de Elazar coma os fillos de Itamar.
6Semaías, fillo de Natanael, secretario da tribo de Leví, inscribiunos diante do rei e dos príncipes, diante de Sadoc, sacerdote, e de Ahimélec, fillo de Abiatar, e dos xefes de familias de sacerdotes e levitas, e íanse sacando por sorte dúas familias de Elazar e unha de Itamar. 7A primeira sorte tocou a Iehoiarib; a segunda a Iedaías; 8A terceira, a Harim; a cuarta, a Seorim; 9A quinta, a Malaquías; a sexta, a Miiamín; 10A sétima, a Hacós; a oitava a Abías; 11A novena, a Iexúa; a décima, a Xecanías; 12A undécima, a Eliaxib; a duodécima, a Iaquim; 13A décimo terceira, a Hupah; a décimo cuarta, a Ixbaal; 14A décimo quinta, a Bilgah; a décimo sexta, a Imer; 15A décimo sétima a Hezir; a décimo oitava, a Hapisés; 16A décimo novena, a Petahías; a vixésima, a Ezequiel; 17A vixésimo primeira, a Iaquín; a vixésimo segunda, a Gamul; 18A vixésimo terceira, a Delaías; a vixésimo cuarta, a Maazías.
19Así foron distribuídas para o seu ministerio, para que entrasen na casa do Señor ás ordes de Aharón, conforme os mandatos que lles dera Iavé, Deus de Israel.
20Velaquí os xefes das outras familias dos levitas: Xubael, dos fillos de Amram, e Iehdeías, dos fillos de Xubael. 21Dos fillos de Rehabías, o xefe era Ixías. 22Dos Isharitas, Xelomot; dos fillos de Xelomot, Iaxat. 23O primoxénito dos descendentes de Hebrón foi Ierías; o segundo, Amarías; o terceiro, Iahziel; o cuarto, Iecamam. 24Dos fillos de Uziel foi Miqueas; e dos fillos de Miqueas, Xamur. 25Ixías era irmán de Miqueas, o xefe da familia de Ixías era Zacarías.
26Os fillos de Merarí foron: Mahlí e Muxí. Tamén era fillo seu Uzías, fillo seu Beno. 27Os descendentes de Merarí, por parte de Uzías foron: Xoham, Zacur e Ibrí. 28Por parte de Mahlí, Elazar, que non tivo fillos, e Quix. 29Quix tivo un fillo chamado Ierahmel. 30Os fillos de Muxí foron: Mahlí, Éder e Ierimot. Estes son os fillos de Leví segundo as súas familias. 31Tamén eles, como os fillos de Aharón, foron sorteados, tanto as familias principais coma as máis pequenas, en presenza do rei David, de Sadoc, de Ahimélec e dos cabezas de familia sacerdotais e levíticos.
Currently Selected:
1 Crónicas 24: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT