YouVersion Logo
Search Icon

1 Crónicas 23

23
Organización dos levitas
1Vello xa David e colmado de días, fixo a Salomón, seu fillo, rei de Israel. 2Reuniu a todos os príncipes de Israel, ós sacerdotes e ós levitas. 3Fíxose o censo dos levitas de máis de trinta anos, e o seu número, contado un a un, foi de trinta e oito mil. 4Deles vinte e catro mil dirixían as obras do templo de Iavé, e seis mil eran inspectores e xuíces; 5catro mil, porteiros; e catro mil dedicados a loar o Señor con aparellos feitos para iso por David.
6David distribuíunos en orde segundo os fillos de Leví, Guerxom, Quehat e Merarí.
7Fillos de Guerxom: Ladán e Ximí. 8Fillos de Ladán: Iehiel, o primeiro; Zetam e Ioel; en total, tres. 9Fillos de Ximí: Xelomit, Haziel e Harán, tres en total. Estes son os xefes das familias de Ladán. 10Fillos de Ximí: Iaxat, Zizá, Ieús e Beriá, en total catro. 11Estes catro son os fillos de Ximí. Iaxat era o primeiro e Zizá o segundo. Ieús e Beriá non tiveron moitos fillos e formaron no censo unha soa casa paterna. 12Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel, en total catro. 13Fillos de Amram: Aharón e Moisés. Aharón foi elixido para servir no santo dos santos, el e seus fillos perpetuamente, para ofrecer os perfumes ante Iavé, para facer o seu ministerio e bendicir por sempre o seu nome.
14Os fillos de Moisés, home de Deus, foron contados na tribo de Leví. 15Os fillos de Moisés foron Guerxom e Eliézer. 16Xebuel foi o primoxénito de Guerxom. 17Fillos de Eliézer: o primoxénito de Eliézer foi Rehabías. Eliézer non tivo máis fillos, pero Rehabías tivo moitos. 18Fillos de Ishar: o primoxénito foi Xelomit. 19Fillos de Hebrón: Ierías, o primoxénito; Amarías, o segundo; Uziel, o terceiro, e Iecamam, o cuarto. 20Fillos de Uziel: Miqueas, o primoxénito; Ixías, o segundo.
21Fillos de Merarí: Mahlí e Muxí. Fillos de Mahlí: Elazar e Quix. 22Elazar morreu sen fillos, pero deixou fillas, e os fillos de Quix, seus irmáns, tomáronas por mulleres. 23Fillos de Muxí: Mahlí, Éder e Ieremot, tres en total. 24Estes son os fillos de Leví segundo as familias dos seus pais, cabeza das casas paternas, segundo o censo feito contando por cabezas. Estaban dedicados ó ministerio do templo de Iavé desde os vinte anos cumpridos, 25pois David dixo: —"O Señor, Deus de Israel, deu acougo ó seu pobo Israel e habitará por sempre en Xerusalén, 26e os levitas non terán xa que transportar o tabernáculo e todos os aparellos do seu servizo". 27E así, conforme as derradeiras disposicións de David, fíxose o censo dos fillos de Leví desde os vinte anos en adiante.
28Postos baixo as ordes dos fillos de Aharón, para o servizo do templo do Señor, tiñan ó seu coidado os adros e as cámaras, a limpeza de todas as cousas santas e as obras do servizo do templo de Deus; 29o pan da proposición, a flor da fariña para as ofrendas, as tortas de pan asmo, as filloas fritidas na tixola e as cocidas, e todas as medidas de capacidade e lonxitude. 30Tiñan que presentarse cada mañá e cada tarde para loar e celebrar a Iavé 31e ofrecer continuamente os holocaustos ó Señor os sábados, os novilunios e as festas, segundo o número e os ritos prescritos. 32Facían a garda da Tenda do Encontro ás ordes dos fillos de Aharón, seus irmáns, no servizo do templo do Señor.

Currently Selected:

1 Crónicas 23: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in