YouVersion Logo
Search Icon

1 Crónicas 20

20
Ioab toma Rabah
1O cabo dun ano, polo tempo no que os reis acostuman saír á guerra, Ioab, ó mando dun gran exército, arrasou o país dos amonitas e cercou Rabah. Mentres David seguía en Xerusalén, Ioab conquistaba e arrasaba Rabah.
2David quitou a coroa da cabeza de Milcom. Pesaba un talento de ouro e tiña unha pedra preciosa que pasou á coroa de David. Saqueou a cidade e levou dela un gran botín.
3Tamén sacou dela os habitantes e púxoos a serrar e a traballar coas grades e as fouces. O mesmo fixo con todas as cidades dos fillos de Amón. Volveu logo David con todo o pobo a Xerusalén.
4Despois disto tivo unha batalla en Guézer contra os filisteos. Foi entón cando Sibcai, husita, matou a Sipai, un dos descendentes de Rafá. Os filisteos quedaron sometidos.
5Tamén houbo outra batalla cos filisteos, na que Elhanán, fillo de Iair, matou a un irmán de Goliat, Lahmí, de Gat, que levaba unha lanza coa punta coma unha agulla de tecedeira.
6Houbo unha batalla máis en Gat, na que se atopou un xigante con seis dedos en cada man e cada pé, vinte e catro en total, e que procedía tamén da raza dos de Rafá.
7Retou a Israel, e Ionatán, fillo de Ximí, irmán de David, matouno.
8Estes homes eran fillos de Rafá, de Gat, e pereceron a mans de David e dos seus servos.

Currently Selected:

1 Crónicas 20: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in