YouVersion Logo
Search Icon

1 Crónicas 14

14
1Hiram, rei de Tiro, mandou embaixadores a David e proporcionoulle madeira de cedro, canteiros e carpinteiros para que lle edificasen un pazo.
2Coñeceu David que Iavé afirmaba o seu dominio sobre Israel e que exaltaba o seu reino por amor a Israel, o seu pobo.
3David tomou, entón, mulleres en Xerusalén, e tivo fillos e fillas.
4O nome dos que lle naceron en Xerusalén son: Xamúa, Xobab, Natán, Salomón, 5Ibhar, Elixúa, Elpálet, 6Nógah, Néfeg, Iafía, 7Elixamá, Beliadá e Elifálet.
8Cando os filisteos souberon que David fora unxido rei de todo Israel, subiron todos na súa busca, e David, que o soubo, saíulles ó camiño.
9Chegaron os filisteos e espalláronse polo val de Refaím.
10David consultou a Deus: —"Subirei contra os filisteos? Entregaralos nas miñas mans?". Iavé díxolle: —"Sube e poreinos nas túas mans".
11Subiron eles a Baal—Perasim, onde David os derrotou. Logo dixo: —"Deus dispersou pola miña man os meus inimigos, coma derrame das augas que escorren". Por iso déronlle a aquel lugar o nome de Baal—Perasim.
12Os filisteos deixaron ciscados os seus deuses, que foron queimados por orde de David.
13Os filisteos invadiron de novo o val, 14David consultou de novo a Deus, quen lle dixo: —"Non subas contra eles: rodéaos e bótate sobre eles desde a banda das moreiras.
15Cando polo cume das moreiras escoites un estrondo, ataca axiña, que Deus irá diante de ti para derrotar o campo dos filisteos".
16Fixo David como Deus lle mandara, e derrotou os filisteos desde Gabaón ata Guézer.
17A sona de David estendíase por todas aquelas terras e puxo Iavé sobre todas as xentes o temor a David.

Currently Selected:

1 Crónicas 14: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in