1 Crónicas 13
13
Traslado da arca
1David celebrou consello cos xefes de millares e de centos, e con todos os príncipes.
2Despois dixo a toda a comunidade de Israel: —"Se vos parece ben, e Iavé, o noso Deus, o aproba, imos mandar unha mensaxe a todos os nosos irmáns espallados por todo Israel, ós sacerdotes e ós levitas que habitan nas cidades e aldeas, para que veñan xuntarse connosco.
3Logo traeremos a arca do noso Deus, da que non nos preocupamos nos tempos de Xaúl".
4Entón toda a asemblea resolveu facelo así, pois a cousa pareceu conveniente a todo o pobo.
5Reuniu, pois, David a todo Israel, desde o torrente de Exipto ata a entrada de Hamat, para traeren a arca de Deus de Quiriat—Iearim. 6Subiu David, con todo Israel cara a Baalah ou Quiriat—Iearim, que está en Xudá, para trasladar a arca de Deus, Iavé, que se senta entre os querubíns, na que se invoca o seu nome.
7Puxeron a arca de Deus sobre un carro novo e levárona da casa de Abinadab. Conducían o carro Uzá e Ahió.
8David e todo Israel danzaban diante de Deus con todas as súas forzas e cantaban e tocaban arpas, salterios e pandeiros, címbalos e trompetas.
9Cando chegaron á eira de Quidón, Uzá tendeu a man para agarrar a arca pois envorcábana os bois. 10A ira de Iavé acendeuse contra Uzá, por estender a man sobre a arca, e Uzá morreu alí, diante de Iavé.
11David irritouse porque Iavé acabou con Uzá, polo que aquel lugar se chama ata hoxe Peres—Uzá.
12David, entón, empezou a sentir temor de Deus, dicindo: —"Como vou traer á miña casa a arca de Deus?".
13E non levou consigo a arca de Deus á cidade de David, senón que a mandou levar á casa de Obededom, o de Gat.
14A arca de Deus estivo tres meses na casa de Obededom, polo que Iavé bendiciu a casa de Obededom e todo canto tiña.
Triunfo de David sobre os filisteos
Currently Selected:
1 Crónicas 13: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT