1 Crónicas 1
1
De Adam a Abraham
1Adam, Xet, Enox.
2Quenán, Mahalalel, Iared, 3Henoc, Metuxalén, Lamec, 4Noé, Sem, Cam e Iafet.
5Fillos de Iafet: Gómer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás.
6Fillos de Gómer: Axcanaz, Rigat e Togarmah.
7Fillos de Iaván: Eliseo, Tárxix, Quitim e Dodanim.
8Fillos de Cam: Cux, Exipto, Put e Canaán.
9Fillos de Cux: Sebá, Havilah, Sabtá, Ramá e Sabtecá. Fillos de Ramá: Sebá e Dedán.
10Cux xerou a Nimrod, o primeiro soldado do mundo.
11Exipto xerou os lidios, anamitas, lehabitas, naftuxitas, 12patrusitas, casluhitas e cretenses, dos que proceden os filisteos.
13Canaán xerou a Sidón, seu primoxénito, e a 14Het, e tamén os iebuseos, amorreos, guirgaxitas, 15hivitas, arquitas, sinitas, 16Arvaditas, semaritas e xamatitas.
17Descendentes de Sem: Elam, Axur, Arfaxad, Lud e Aram. Descendentes de Aram: Us, Hul, Guéter e Méxec. 18Arfaxad xerou a Xélah e este a Héber. 19Héber xerou dous fillos: un chamábase Péleg, porque no seu tempo dividiuse a terra; e seu irmán chamábase Ioctán. 20Ioctán xerou a Almodad, Xélef, Hasarmávet, Iérah, 21Hadorán, Uzal, Diclah, 22Ebal, Abimael, Xebá, 23Ofir, Havilah e Iobab: todos descendentes de Ioctán.
24Sem. Arfaxad, Xélah, 25Héber, Péleg, Reú, 26Serug, Nahor, Térah, 27Abram, é dicir, Abraham.
De Abraham a Israel
28Descendentes de Abraham: Isaac e Ismael; 29os seus descendentes: Nebaiot, primoxénito de Ismael, Quedar, Adbel, Mibsam, 30Mixmá, Dumah, Masá, Hadad, Temá, 31Ietur, Nafix e Quedmah. Estes son os fillos de Ismael.
32Queturah, concubina de Abraham, deu a luz a Zimrán, Iocxán, Medán, Medián, Ixbac e Xúah.
Descendentes de Iocxán: Xebá e Dedán. 33Fillos de Madián: Efah, Éfer, Henoc, Abidá e Eldáah. Todos descendentes de Queturah.
34Abraham xerou a Isaac. Fillos de Isaac: Esaú e Israel.
35Fillos de Esaú: Elifaz, Reuel, Ieux, Ialam e Corah. 36Fillos de Elifaz: Temán. Omar, Sefó, Gatam, Quenaz, Timná e Amalec. 37Fillos de Reuel: Náhat, Zérah, Xamah e Mizah. 38Fillos de Seir: Lotán, Xobal, Sibón, Anah, Dixón, Éser e Dixán. 39Fillos de Lotán: Horí e Homam; irmá de Lotán: Timná. 40Fillos de Xobal: Alián, Manáhat, Ebal, Xefí e Onam. Fillos de Sibón: Aiá e Anah. 41Fillos de Anah: Dixón. Fillos de Dixón: Hamrán, Exbán, Itrán e Querán.
42Fillos de Éser: Bilhán, Zaván e Acán. Fillos de Dixán: Us e Arán.
43Reis que reinaron no país de Edom antes de que os israelitas tivesen rei: Bela, fillo de Beor; a súa cidade chamábase Dinhabah. 44Morreu Bela e sucedeulle no trono Iobab, fillo de Zérah, oriúndo de Bosrah. 45Morreu Iobab e sucedeulle no trono Huxam, oriúndo de Temán. 46Morreu Huxam e sucedeulle no trono Hadad, fillo de Bedad, o que derrotou a Madián no campo de Moab; a súa cidade chamábase Avit. 47Finou Hadad e sucedeulle no trono Samlah, oriúndo de Masrecah. 48Finou Samlah e sucedeulle no trono Xaúl, oriundo de Rehobot—ham—Náhar. 49Finou Xaúl e sucedeulle no trono Baal Hanán, fillo de Acbor. 50Finou Baal Hanán e sucedeulle no trono Hadar; a súa cidade chamábase Pau e a súa muller Mehetabel, filla de Matred, filla de Mezahab. 51A morte de Hadad houbo xeques en Edom: Timná, Alvah, Ietet, 52Oholibamah, Elah, Pinón, 53Quenazí, Temán, Mibsar, 54Magdiel e Iram. Ata aquí os xeques de Edom.
Descendentes de Israel
Currently Selected:
1 Crónicas 1: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT