1 Crónicas 2
2
1Velaquí os fillos de Israel: Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Zebulón, 2Dan, Xosé, Benxamín, Naftalí, Gad e Axer.
3Fillos de Xudá: Er, Onán e Xelah; estes tres nacéronlle da filla de Xúa, a cananea. Er, primoxénito de Xudá, foi ruín ós ollos de Iavé, quen o fixo morrer. 4Tamar, nora de Xudá, deulle dous fillos: Peres e Zérah. Por xunto os fillos de Xudá son cinco.
5Fillos de Peres: Hesrón e Hamul.
6Fillos de Zérah: Zimrí, Etán, Hemán, Calcol e Dara. Cinco en total.
7Fillo de Carmí: Acar, que turbou a Israel cando foi infiel ó anatema.
8Fillo de Etán: Azarías.
9Fillos que lle naceron a Hesrón: Ierahmel, Ram e Quelubai.
10Ram xerou a Aminadab. Aminadab xerou a Nahxón, príncipe dos fillos de Xudá;
11Nahxón xerou a Salmá; Salmá xerou a Boaz;
12Boaz xerou a Obed; Obed xerou a Ixaí;
13Ixaí xerou a Eliab, o seu primoxénito; a Abinadab, o segundo; a Ximá, o terceiro; 14A Netanel, o cuarto; a Radai, o quinto; 15A Osem, o sexto; e a David, o sétimo. 16As súas irmás foron Seruiah e Abigail. Fillos de Seruiah: Abixai, Ioab e Asael: en total, tres.
17Abigail pariu a Amasá, sendo seu pai Iéter, o ismaelita.
18Caleb, fillo de Hesrón, tivo fillos de Azubah e foron: Iéxer, Xobab e Ardón. 19Cando morreu Azubah, Caleb tomou por muller a Efratah, que lle deu a Hur.
20Hur xerou a Urí, e Urí xerou a Besalel.
21Logo, Hesrón coñeceu á filla de Maquir, pai de Galaad, cando tiña sesenta anos, da que naceu Segub.
22Segub xerou a Iaír, que tivo vinte e tres cidades na terra de Galaad, 23e arrebatou a Guexur e a Aram as vilas de Iaír, Quenat, e as cidades da súa dependencia: sesenta cidades. Todo isto pertencía a Maquir, pai de Galaad.
24Despois da morte de Hesrón, Caleb uniuse a Efratah, muller de seu pai Hesrón, da que tivo Axhur, fundador de Tecoa.
25Os fillos de Ierahmel, o primoxénito de Hesrón, foron: Ram o primoxénito, e Bunah e Orén, seus irmáns.
26Ierahmel tivo outra muller chamada Atarah, que foi nai de Onam.
27Os fillos de Ram, primoxénitos de Ierahmel, foron: Maas, Iamín e Équer.
28Os fillos de Onam foron: Xamai e Iadá. Fillos de Xamai: Nadab e Abixur.
29O nome da muller de Abixur era Abigail, da que tivo a Ahbán e Molid.
30Fillos de Nadab: Séled e Apaim. Séled morreu sen fillos.
31Fillos de Apaim: Ixí. Fillo de Ixí: Xexán. Fillo de Xexán: Ahlai.
32Fillos de Iadá, irmán de Xamai: Iéter e Ionatán. Iéter morreu sen fillos.
33Fillos de Ionatán: Pélet e Zazá. Estes son os fillos de Ierahmel.
34Xexán non tivo fillos, pero si fillas. Xexán tiña un escravo exipcio chamado Iarhá, 35ó que lle deu a súa filla por muller e de quen naceu Atai.
36Atai xerou a Natán, e Natán xerou a Zabad;
37Zabad xerou a Eflal; Eflal xerou a Obed;
38Obed xerou a Iehú; Iehú xerou a Azarías;
39Azarías xerou a Hales; Hales xerou a Elasah.
40Elasah xerou a Sismai; Sismai xerou a Xalum;
41Xalum xerou a Iecamías; Iecamías xerou a Elixamá.
42Fillos de Caleb, irmán de Ierahmel: Mesá, o seu primoxénito, que foi pai de Zif e Marexah, pai de Hebrón.
43Fillos de Hebrón: Córah, Tapúah, Réquem e Xama.
44Xama xerou a Ráham, pai de Iorqueam; Réquem xerou a Xamai.
45Fillo de Xamai: Maón, fundador de Bet—Sur.
46Efah, concubina de Caleb, tivo a Harán, Mosá e Gazez.
Harán xerou a Gazez.
47Fillos de Iahdai: Réquem, Iotam, Guexam, Pélet, Efah e Xáaf.
48Macah, concubina de Caleb, tivo a Xéber e Tirhanah.
49Tamén pariu a Xáaf, fundador de Madmanah, e a Xevá, fundador de Macbenah e de Guibá. Filla de Caleb foi Acsah.
50Estes foron os fillos de Caleb, fillo de Hur, primoxénito de Efratah: Xobal, fundador de Quiriat—Iearim.
51Salmá, fundador de Belén; Háref, fundador de Bet—Gader.
52Xobal, fundador de Quiriat—Iearim, foi pai de Haroeh, de xeito que tivo a metade dos menuhitas.
53As familias de Quiriat—Iearim foron os futieos, os xumateos, e os miraítas. Destas familias saíron os saratitas e os extaolitas.
54Fillos de Salmá: Belén e os netofateos; Atarot, Bet—Ioab, a metade dos manahteos e os soritas.
55Familias de escribas que viven en Iabés: os tirateos, os ximateos e os sucateos. Estes eran os quenitas, descendentes de Hamat, pai dos recabitas.
Currently Selected:
1 Crónicas 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT