1
Isaías 44:3
Biblia SEPT
ABGS
porque eu verterei auga sobre o sedento, e regueiros sobre a reseca. Verterei o meu espírito sobre a túa descendencia, e a miña bendición sobre os teus xermolos
Compare
Explore Isaías 44:3
2
Isaías 44:6
Así fala o Señor, Rei de Israel, o seu Redentor, o Señor dos Exércitos: "Eu son o Primeiro, e tamén o Derradeiro; non hai outro Deus fóra de min.
Explore Isaías 44:6
3
Isaías 44:22
Fixen desaparecer as túas rebeldías coma unha nube, e como a néboa espesa os teus pecados. Convértete a min, que eu son o teu Redentor.
Explore Isaías 44:22
4
Isaías 44:8
Non teñades medo nin pavor. Acaso non volo fixen oír e volo manifestei desde entón? Vós sodes as miñas testemuñas: hai acaso un Deus fóra de min? Non, non hai Penedo: eu non o coñezo".
Explore Isaías 44:8
5
Isaías 44:2
Así fala o Señor, que te creou, e que te formou, quen desde o seo te vén axudando: "Non teñas medo, meu servo Xacob; Iexurún, a quen eu escollín
Explore Isaías 44:2