1
Isaías 43:19
Biblia SEPT
ABGS
Ollade: eu estou facendo algo novo; xa agroma: non vos dades conta? Si, vou abrir un camiño no deserto, ríos na estepa.
Compare
Explore Isaías 43:19
2
Isaías 43:2
Cando pases a través das augas, eu estarei contigo; cando pases a través dos ríos, non te engulirán. Cando pases a través do lume, non te queimarás; cando pases por entre as chamas, non prenderán en ti.
Explore Isaías 43:2
3
Isaías 43:18
Non vos lembrades das cousas pasadas? Non comprendedes as cousas antigas?
Explore Isaías 43:18
4
Isaías 43:1
Pois agora, así fala o Señor, o teu creador, Xacob, o que te formou, Israel: "Non teñas medo, que eu son o teu redentor; impóñoche o meu nome: ti es meu.
Explore Isaías 43:1
5
Isaías 43:4
Porque ti fuches ben querido ós meus ollos; fuches glorificado, o meu predilecto; e por isto, farei que a humanidade expíe no teu lugar; e que os pobos paguen pola túa vida.
Explore Isaías 43:4
6
Isaías 43:3
Porque eu son o Señor, o teu Deus, o santo de Israel, o teu salvador. Porei a Exipto de expiación túa; a Cux e a Sebá poreinos no teu lugar.
Explore Isaías 43:3
7
Isaías 43:5
Non teñas medo, que eu estou contigo: traerei desde o nacente a túa descendencia, e desde occidente xuntareite
Explore Isaías 43:5
8
Isaías 43:25
Eu, eu mesmo, pola miña bondade son quen limpa as túas rebeldías, e dos teus pecados non me lembro.
Explore Isaías 43:25
9
Isaías 43:10
Vós sodes as miñas testemuñas —é o Señor quen fala—; si, o meu servo que eu escollín, para que me coñezades e creades en min, e para que recoñezades que só eu son. Antes de min non foi formado ningún deus, e despois de min non existe ningún.
Explore Isaías 43:10
10
Isaías 43:11
Eu, eu son o Señor, e fóra de min non hai outro salvador.
Explore Isaías 43:11
11
Isaías 43:13
Si, desde hoxe eu seguireino sendo, e ninguén estará desprotexido da miña man. O que eu realizo, quen o fará cambiar?
Explore Isaías 43:13
12
Isaías 43:20-21
Os animais do campo honraranme, os chacais e os poliños da avestruz, porque porei augas no deserto, ríos no ermo, para darlle de beber ó meu pobo, ó meu escollido, ó pobo que eu criei para min, e que contará a miña loanza.
Explore Isaías 43:20-21
13
Isaías 43:6-7
direille ó Norte: Dámos, e ó Sur: Non os reteñas: tráeme os meus fillos desde lonxe, e as miñas fillas desde o cabo da terra, todo o que se chama co meu Nome, e todo o que creei para a miña gloria, pois eu o formei e o fixen".
Explore Isaías 43:6-7
14
Isaías 43:16-17
Así fala o Señor, que fixo un camiño polo mar e unha verea polas augas impetuosas, que fixo saír carros e cabalos, un exército moi poderoso. Eles deitaranse e non se levantarán, apagáronse coma a torcida dun candil, extinguíronse.
Explore Isaías 43:16-17
15
Isaías 43:15
Eu son o Señor, o voso Santo, o Creador de Israel, o voso Rei".
Explore Isaías 43:15