YouVersion Logo
Search Icon

Tito 3

3
Consellos ós fieis
1Recórdalles que se sometan ás autoridades, que as obedezan, que estean dispostos para toda obra boa. 2Que non difamen a ninguén, que sexan pacíficos, xustos, amables con todo o mundo. 3Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos de odio uns para os outros. 4Pero cando apareceu a bondade e a humanidade de Deus, o noso Salvador, 5salvounos non polas obras boas que nós fixemos, senón pola súa misericordia, por medio do baño do novo nacemento e polo poder renovador do Espírito Santo. 6Ese Espírito que verteu sobre nós con abundancia, por Xesús Cristo, noso Salvador, 7A fin de que, xustificados pola súa graza, nos fixésemos herdeiros da vida eterna, conforme á esperanza.
Últimas recomendacións
8Esta é doutrina certa. E eu quero que ti te afinques nela, para que os que creron en Deus se dediquen a practicar as boas obras. Isto é bo e útil para todos.
9Desbota, en troques, as pescudas extravagantes, as xenealoxías, as rifas, as polémicas sobre a Lei: son inútiles e sen substancia. 10O causante de divisións repréndeo unha vez ou dúas. Despois prescinde del, 11tendo ben sabido que ese tal é un perverso e peca, condenándose el mesmo.
12Cando cheguen onda ti Artemás ou Tíquico, apura a vir onda min a Nicópolis, porque decidín pasar alí o inverno. 13Dálles o preciso para a viaxe ó avogado Zenas e mais a Apolo para que non lles falte nada. 14Aprendan os nosos a faceren o ben atendendo as necesidades urxentes e así non serán improdutivos.
Saúdo final
15Mándanche recordos todos os que están comigo. Dálles saúdos a todos os amigos na fe. A graza vos acompañe a todos.

Currently Selected:

Tito 3: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in