Tito 2
2
Ensino san e seguro
1Pola túa parte, ensina o que é conforme á boa doutrina. 2Que os vellos sexan sobrios, serios, prudentes, sans na fe, na caridade, na paciencia.
3As vellas o mesmo: que sexan honestas no coidado da súa compostura, nin lingoreteiras, nin moi amigas do viño, mestras do ben, 4para que exhorten ás novas a quereren ós seus homes e ós seus fillos, 5Asisadas, limpas, boas administradoras da casa, submisas ós seus propios homes, para non desprestixiar a palabra de Deus.
6Exhorta tamén ós novos a seren asisados, 7mostrándote ti mesmo en todo coma exemplo de boa conduta: incorrupto na doutrina e serio. 8Ensina unha palabra sa e indiscutible, para que o contrario se avergonce, non tendo nada malo que dicir de nós.
9Que os escravos se lles sometan en todo ós seus amos e sexan servizais e non respondóns, 10nin rapineiros; ó contrario, que sexan plenamente fieis e honrados, para faceren honor á doutrina de Deus, o noso Salvador.
11Porque a graza de Deus viuse que era fonte de salvación para todos os homes. 12Ela ensínanos que reneguemos da impiedade e das cobizas mundanas e vivamos no mundo presente dun xeito asisado, xusto e respectuoso, 13Agardando a bendita esperanza e a manifestación gloriosa do noso gran Deus e Salvador Xesús Cristo. 14El entregouse por nós, para nos redimir de toda iniquidade e purificar para si un pobo escolleito, afervoado, dedicado ás boas obras.
15Di estas cousas, exhorta e reprende con toda autoridade; que ninguén te desprece.
Currently Selected:
Tito 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT