Bible App logo
Search Icon

Cantares 6

6
Xardineiro e pastor
1—Para onde foi o teu amigo,
belida entre as mulleres?
Cara a onde volveu o teu amigo
e contigo o iremos buscar?
2—Baixou o meu amigo ó seu horto,
vai nas matas do bálsamo;
foi pastar no xardín
e facer a colleita de lirios.
3Eu son do meu amigo
e o meu amigo é meu,
que pasta nos lirios.
Medo
4—Fermosa es ti, miña amada, coma Tirsah,
xentil coma Xerusalén,
terrible cal batallón, pendóns ó vento.
5Torna os ollos de min
que me fan arrepiar!
Os teus cabelos son fato de cabuxas
que baixan serpeando do Galaad.
6Os teus dentes, grea de ovellas nais
subindo do lavado,
todas elas preñadas de xemelgos,
e ningunha hai maniña.
7Rebandas de granada son as túas meixelas
por entre o teu veo.
Fachenda
8Se son sesenta as raíñas,
oitenta as favoritas
e sen conta as doncelas,
9só unha é a miña pomba,
a máis perfecta,
a única de súa nai,
preferida daquela que a xerou.
Vírona as donceliñas, e gabárona,
as raíñas e favoritas, e loárona.
10—"Quen é esta que está a xurdir coma a alborada,
fermosa coma a lúa chea,
a brillar coma o sol,
terrible cal batallón, pendóns ó vento?
11Ao nogueiral baixei
ver xermolar as palmas,
ollar se agroma a vide
e florecen os granados.
12Non sei o que me pasa
pois que me puxo a tremer
ela, a filla de xentes nobres.

Currently Selected:

Cantares 6: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in