Apocalipse 2
2
As sete cartas. A carta a Éfeso
1Ó anxo da Igrexa de Éfeso escríbelle:
Isto di quen apreixa coa súa dereita as sete estrelas, quen pasea entre os sete candelabros de ouro. 2Coñezo as túas obras e fatigas e mais a túa enteireza e vexo que non podes aturar os malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos. 3Eu sei ben que tes esperanza e paciencia e por iso aguantaches por cousa miña e non estás canso.
4Pero teño contra ti que perdiches o teu amor primeiro. 5Acórdate de onde caíches: arrepíntete e ponte a facer as obras de antes. Porque che vou vir cambiar o teu candelabro de sitio, caso de non te arrepentires. 6Anque unha cousa tes ó teu favor: que aborreces a conduta dos nicolaítas, que eu tamén aborrezo.
7Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.
A carta a Esmirna
8Ó anxo da Igrexa de Esmirna escríbelle:
Isto di o Primeiro e o Ultimo, o que estivo morto pero volveu á vida. 9Coñezo o teu sufrimento e a túa pobreza —aínda que es rico e a maledicencia contra ti dos que se teñen por xudeus sen seren xudeus pero que si son sinagoga de Satán. 10Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.
11Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor prométolle que non o vai danar a morte segunda.
A carta a Pérgamo
12Ó anxo da Igrexa de Pérgamo escríbelle:
Isto di quen ten a espada de dous fíos ben afiada: 13sei que onde vives é onde Satán ten o seu trono e que te mantés firme comigo e non negaches a fe en min nin cando Antipas, o meu mártir que tamén fiaba en min, caeu asasinado aí onda vós, onde vive Satán.
14Pero teño contra ti unhas poucas cousas: que tes aí algunha xente enleada coa doutrina de Balaam, que ensinaba a Balac a escandalizar os fillos de Israel, incitándoos a comer carne sacrificada ós ídolos e a darse á prostitución. 15Así tamén ti tes algúns que profesan a doutrina dos nicolaítas. 16Arrepíntete, que, como non o fagas, vou vir axiña e loitarei contra eles coa espada da miña boca.
17Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar do maná escondido e tamén unha pedriña branca; e escrito na pedriña un nome novo que ninguén coñece, fóra daquel que a recibe.
A carta a Tiátira
18Ó anxo da Igrexa de Tiátira escríbelle:
Isto di o Fillo de Deus, que ten os seus ollos coma a chama do lume e os pés semellantes ó metal: 19coñezo as túas obras, o teu amor, a túa fe, o teu servizo, a túa enteireza e as túas obras últimas que son máis grandes cás primeiras.
20Pero teño contra ti que deixas que unha muller, Iezabel, se poña o título de profetisa, que ensine e que engaiole os meus servos para que se dean á prostitución e a comeren carne sacrificada ós ídolos. 21Deille tempo para se arrepentir, pero ela non se quere arrepentir da súa prostitución. 22Ides ver como a vou encamar, e ós que se dean á prostitución con ela voulles mandar un gran sufrimento, a menos que se arrepintan das obras dela; 23e ós fillos dela vounos matar cun andazo.
Así coñecerán todas as igrexas que eu son o que sonda os sentimentos e as intencións e o que vos dá a cadaquén segundo as vosas obras. 24Pero a vós, ós de Tiátira que non sodes desta doutrina e que non coñecedes os profundos misterios de Satán como eles din, dígovos que non vos impoño outro peso. 25Unicamente que vos agarredes ben ó que tedes, ata que eu volva.
26O vencedor, a quen practique ata a fin as miñas obras, heille dar poder sobre os xentís,
27e ha de os gobernar cun caxato de ferro,
e escachizaraos coma unha ola de barro,
28o mesmo que eu recibín poder do meu Pai;
e heille dar o luceiro da alba.
29Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas.
Currently Selected:
Apocalipse 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: