Apocalipse 3
3
A carta a Sardes
1Ó anxo da Igrexa de Sardes escríbelle:
Isto di quen ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas: coñezo as túas obras: tes sona de estar vivo, pero estás morto. 2Ponte alerta, fortalece o que aínda che queda sen morrer, porque non atopei perfectas as túas obras diante do meu Deus. 3Acórdate, logo, do que recibiches e escoitaches: gárdao e arrepíntete, que, como non vixíes e esteas á espreita, vou vir coma ladrón e non vas saber a que hora vou caer sobre ti.
4Pero tes unhas poucas persoas en Sardes, que non lixaron os seus vestidos. Estas han pasear comigo vestidas de branco, porque son dignas. 5O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.
6Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas.
A carta a Filadelfia
7Ó anxo da Igrexa de Filadelfia escríbelle:
Isto di o Santo, o Verdadeiro,
quen ten a chave de David,
quen, se el abre, ninguén pecha,
e, se el pecha, ninguén abre:
8coñezo as túas obras olla que te puxen diante dunha porta ben aberta, que ninguén pode pechar; coñezo que tes pouca forza, e mesmo así, cumpriches a miña palabra e non me negaches. 9Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.
10Como ti gardaches as miñas palabras con perseveranza, tamén eu te gardarei a ti no intre da proba, que está a vir sobre todo o mundo, para pór a proba a toda a xente. 11Virei axiña. Agarra ben o que tes, para que ninguén che colla a túa coroa.
12O vencedor fareino columna do templo do meu Deus e prometo que xa non sairá fóra del; e escribirei nel o nome do meu Deus e o nome da cidade do meu Deus, da nova Xerusalén, a que baixa do ceo, de onda o meu Deus, e escribirei nel o meu nome novo.
13Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas.
A carta a Laodicea
14Ó anxo da Igrexa de Laodicea escríbelle:
Isto di o Amén, a testemuña fiel e lexítima, o comezo da creación de Deus: 15coñezo as túas obras: ti non es frío nin quente. Quen me dera que foses frío ou quente! 16Pero, por seres morno, nin frío nin quente, voute vomitar da miña boca. 17Porque dis: Son rico, xa teño fartura e non preciso de nada; pero ti non sabes que es unha besta, dás mágoa, es un mendigo cego e espido.
18Aconsélloche que merques ouro do meu, que se acaba de aquilatar no lume, para te poñeres rico; e que merques roupa branca, para vestires ben e para que non se vexa a vergonza da túa nudez; e que merques colirio para untar os teus ollos e así poderes ver. 19Que eu a quen lles quero ben, rífolles e corríxoos. Ponte de xenio e convértete! 20Mira que hai tempo que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo. 21O vencedor outorgareille sentar onda min no meu trono, do mesmo xeito que tamén eu vencín e sentei cabo do meu Pai no seu trono.
22Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas.
Currently Selected:
Apocalipse 3: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: