Apocalipse 1
1
PRÓLOGO
Introdución
1Revelación de Xesús Cristo que Deus lle outorgou, para que el lles mostrase ós seus servos o que ten que acontecer axiña. E fíxoa coñecer, mandándolla polo seu anxo ó seu servo Xoán, 2que é testemuña da palabra de Deus e do propio testemuño de Xesús Cristo, dicindo canto viu. 3Benia quen lea e quen escoite esta profecía e faga caso do que nela queda escrito, porque está no seu cumprimento.
Saúdo ós destinatarios
4Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono; 5e de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos reis da terra.
A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue 6e que nos converteu nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e Pai: a el a gloria e mais o poder polos séculos dos séculos. Amén.
7Velaquí vén nas nubes,
e todo ollo o verá,
mesmo aqueles que o traspasaron:
por el baterán no peito todas as razas da terra.
Certo. Amén.
8Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén.
PARTE EXHORTATIVA
Visión vocacional do autor
9Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús. 10Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta, 11que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".
12E dei a volta para ver de quen era a voz que me falaba e, ó virar, vin sete candelabros de ouro 13e no medio dos candelabros unha figura humana vestida cunha túnica talar e cunha faixa de ouro cinguida á altura do peito. 14A súa cabeza e os seus cabelos eran brancos coma a lá branca, coma a neve; e os seus ollos, coma chama de lume; 15os seus pés semellantes ó metal, cando se pon roxo na forxa; o seu falar, coma o bruído do mar. 16Na man dereita tiña sete estrelas e da boca saíalle unha espada de dous fíos ben afiada. A cara resplandecíalle coma o sol cando dá con toda a súa forza.
17O velo, caín ós seus pés coma morto. Pero el puxo a súa man dereita sobre min e díxome: "Non teñas medo. Eu son o Primeiro e o Ultimo, 18o que vive; estiven morto pero repara en que estou vivo polos séculos dos séculos e teño as chaves da Morte e do lugar dos mortos. 19Escribe, logo, todo o que ves, o que hai e o que ha vir despois disto. 20O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.
Currently Selected:
Apocalipse 1: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: