Bible App logo
Search Icon

Salmos 60

60
(59) Pobo rexeitado, en desfeita
1Do mestre do coro, coa cítara de Xuxán, edut. Poema de David, para ensino. 2Cando loitou contra Aram Naharaim e contra os arameos de Zoba e bateu os edomitas no Val do Sal: doce mil homes.
3Ti tesnos, Deus, rexeitados e fendidos,
estás irado connosco. Restablécenos.
4Fixeches tremer a terra, fendíchela;
repara as súas fendas, porque cambalea.
5Ti fixéchesllas pasar duras ó teu pobo,
déchesnos a beber viño atordante.
6Dálles un sinal ós que te temen
e que poidan fuxir da frecha;
7para que poidan librarse os teus amigos,
respóndenos coa salvación da túa dereita.
8O Deus santo tiña dito:
—"Cantarei triunfo, partirei Xequem
e parcelarei o val de Succot;
9meu é Galaad, meu Menaxés
helmo da miña cabeza Efraím
e Xudá o meu cetro;
10Moab é a talla en que me baño,
sobre Edom poño as sandalias
e canto triunfo sobre Filistea".
11Quen me levará a unha praza forte?
Quen me guiará ata Edom?
12Quen, se non ti, Deus, que nos rexeitaches,
o Deus que non sae co noso exército?
13Axúdanos ti no apuro,
pois a axuda do home é va.
14Con Deus faremos fazañas,
el esmagará os nosos opresores.

Currently Selected:

Salmos 60: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in