Bible App logo
Search Icon

Salmos 56

56
(55) Do meu peregrinar ti levas conta
1Do mestre do coro, segundo Ionat élem rehoquim. Poema de David. Cando os filisteos o tiñan preso en Gat.
2Apiádate, Deus, de min, que me asoballan,
que me atacan e me oprimen todo o día;
3Asobállanme o día enteiro os inimigos,
son moitos os que me atacan.
4Cando o terror me colle,
eu confío en ti.
5En Deus, de quen celebro a promesa,
en Deus confío e non temo,
que poden facerme os homes?
6Aflíxenme o día enteiro,
os seus proxectos son todos para mal.
7Póñense ó axexo,
esculcan os meus pasos,
en busca da miña vida.
8Escaparán á súa maldade?
Abate, Deus, os pobos con asaño.
9Do meu peregrinar ti levas conta:
recolle as miñas bágoas no teu odre,
Non están xa no teu libro?
10Os meus inimigos recuarán
o día en que eu te chame:
eu ben sei que Deus está por min.
11En Deus, de quen celebro a promesa,
no Señor, de quen celebro a palabra,
12en Deus confío e non temo,
que poden facerme os homes?
13Quero pagar, Deus, os votos que che fixen,
eu cumprirei a acción de grazas.
14Ti libras da morte a miña vida,
os meus pés dos tropezos,
e podo camiñar na túa presenza
á luz dos que están vivos.

Currently Selected:

Salmos 56: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in