Salmos 4
4
O home xusto non ten medo
1Do mestre do coro, con instrumentos de corda. Salmo, de David.
2Cando te chame, respóndeme, Deus, meu liberador;
ti que na angustia me consolas,
apiádate e escoita a miña oración.
3Ata cando, homes, aldraxaredes o meu nome,
Amaredes vaidade e buscaredes o engano?
4Sabede que o Señor fai milagres co seu amigo,
que o Señor me escoita, cando o chamo.
5Tremede e non pequedes,
meditade nos vosos leitos e calade;
6ofrecede sacrificios xustos
e confiade no Señor.
7Moitos din: —"Quen nos mostrará a felicidade,
se fuxiu de nós, Señor, a luz da túa presenza?"
8Ti pos no meu corazón maior ledicia
cá dos que teñen fartura de trigo e de viño.
9En paz déitome e logo adormezo,
porque só ti, Señor, me dás seguridade.
Dereitos reservados: SEPT