Skip to content

Salmos 14

14
(13) Non hai quen faga o ben
1Do mestre do coro. De David.
Pensan os parvos para si:
—"Deus non está".
Corrompidos, de conduta abominable:
non hai quen faga o ben.
2O Señor observa os homes desde o ceo,
para ver se hai algún asisado,
algún que pregunte por Deus.
3Andan todos desviados,
por xunto corrompidos;
non hai quen faga o ben,
non hai sequera un.
4Pero non aprenderán os malfeitores?
Engolen o meu pobo coma pan,
sen preguntar polo Señor.
5Alá treman de pavor,
porque Deus está cos xustos.
6Desprezades o proxecto dos pobres,
pero o Señor é o seu refuxio.
7Quen lle traerá de Sión a salvación a Israel?
Cando vire o Señor a sorte do seu pobo,
exultará Xacob, alegrarase Israel.