Bible App logo
Search Icon

Salmos 139

139
(138) Omnipresencia
1Do mestre do coro. Salmo de David.
Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben,
2ti sabes cando sento e me levanto,
penetras nos meus pensamentos desde lonxe.
3Ti distingues cando me movo e cando estou quedo
e os meus camiños sonche todos familiares.
4Aínda non está na miña lingua a palabra
e xa ti, Señor, a coñeces enteira.
5Envólvesme por detrás e por diante,
e sobre min tes posta a túa man.
6Admirable por demais me resulta este saber,
tan alto que non o alcanzo.
7Onde me podería arredar do teu alento?
A onde fuxir da túa ira?
8Se subo ó ceo, alí estás;
se baixo ó abismo, estás presente.
9Se me ergo nas ás da aurora
e emigro ó extremo dos mares,
10Ata alí me leva a túa man
e me colle a túa dereita.
11Se digo: —"Que polo menos me encubran as tebras
e a luz ó meu arredor se faga noite",
12As mesmas tebras non son para ti escuras
e a noite éche clara coma o día:
tanto che ten a luz coma as tebras.
13Ti formaches as miñas entrañas,
tecíchesme no seo da miña nai.
14Lóuvote polo prodixio que hai en min:
as túas obras son marabillosas.
Ti coñeces a fondo o meu espírito;
15non che estaba oculta a miña esencia,
cando no segredo era formado,
tecido no fondo da terra.
16O meu embrión víano os teus ollos,
e escribíanse xa no teu libro
os días todos que habían vir,
sen que existise aínda o primeiro.
17Que preciosos atopo, Deus, os teus proxectos!
Que grande o seu conxunto!
18Se os quixese contar, son máis cá area,
se chegase ata a fin, quedarías ti aínda.
19Se bateses, Deus, nos malvados,
se arredasen de min os sanguinarios!
20Arrepóñense contra ti arteiramente
e nomean en van os teus proxectos.
21Non hei de odiar os que te odian,
aborrecer os que se erguen contra ti?
22Odioos con odio cumprido
e téñoos por inimigos meus.
23Examíname a fondo, Deus; coñece o meu corazón;
próbame, e coñece os meus sentimentos.
24Olla se é torto o meu camiño,
guíame ti polo camiño eterno.

Currently Selected:

Salmos 139: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in