Salmos 137
137
(136) A beira dos ríos de Babel
1A beira dos ríos de Babel
sentabámonos e chorabamos,
lembrándonos de Sión.
2Nos salgueiros das ribeiras
Penduramos as cítolas,
3pois os nosos carcereiros pedíannos cántigas
e os nosos verdugos himnos alegres:
—"Cantádenos cántigas de Sión".
4Como cantar un canto do Señor
estando en terra allea?
5Se me esquecese de ti, Xerusalén,
que seque a miña man dereita;
6que se apegue a miña lingua ó padal,
se deixo de pensar en ti,
se non poño a Xerusalén
por riba de toda ledicia.
7Tómalles contas, Señor, ós edomitas
do día de Xerusalén,
cando dicían: —"Arrasádea, arrasádea,
ata os alicerces".
8Babilonia estragadora,
bendito quen che pague
co mal que nos fixeches;
9bendito quen colla os teus pícaros
e os estrele contra as pedras.
Currently Selected:
Salmos 137: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT