Números 33
33
Resume das etapas da viaxe
1Estas son as etapas dos fillos de Israel, que saíron de Exipto por unidades militares baixo o mando de Moisés e Aharón. 2Moisés anotou por escrito os puntos de partida, etapa por etapa, por orde do Señor. Estas son as súas etapas conforme os seus puntos de partida. 3Partiron de Ramsés no primeiro mes, o día quince do mes primeiro. O día seguinte da Pascua saíron os fillos de Israel coa man levantada, ós ollos de todo Exipto, 4mentres os exipcios enterraban a todos os seus primoxénitos, que o Señor ferira de morte, como proba de que era máis poderoso cós seus deuses.
5Partiron, pois, os fillos de Israel de Ramsés, e acamparon en Succot. 6Partiron de Succot e acamparon en Etam, que está ó extremo do deserto. 7Partiron de Etam, e volveron polo camiño de Pihahirot —que está fronte a Baal-Sefón—, e acamparon diante de Migdol. 8E saíron de Pihahirot, e atravesaron polo medio do mar de cara ó deserto; andaron o camiño de tres días no deserto de Etam e acamparon en Marah. 9Partiron de Marah, e chegaron a Elim, onde había doce fontes de auga e setenta palmeiras, e alí acamparon. 10Partiron de Elim, e acamparon na beira do Mar Rubio. 11Partiron do Mar Rubio, e acamparon no deserto de Sin. 12Partiron do deserto de Sin, e acamparon en Dofcah. 13Partiron de Dofcah, e acamparon en Alux. 14Partiron de Alux, e acamparon en Refidim, onde non había auga que beber para o pobo. 15Partiron de Refidim, e acamparon no deserto de Sinaí.
16Logo partiron do deserto de Sinaí e acamparon en Quibrot-ha-tavah. 17Partiron de Quibrot-ha-tavah e acamparon en Haserot. 18Partiron de Haserot e acamparon en Ritmah. 19Partiron de Ritmah, e acamparon en Rimón-Peres. 20Partiron de Rimón-Peres e acamparon en Libnah. 21Partiron de Libnah e acamparon en Rissah. 22Partiron de Rissah e acamparon en Quehelatah. 23Partiron de Quehelatah e acamparon no monte Xéfer. 24Partiron do monte Xéfer e acamparon en Haradah. 25Partiron de Haradah e acamparon en Maquelot. 26Partiron de Maquelot e acamparon en Táhat. 27Partiron de Táhat e acamparon en Térah. 28Partiron de Térah e acamparon en Mitcah. 29Partiron de Mitcah e acamparon en Hasmonah. 30Partiron de Hasmonah e acamparon en Moserot. 31Partiron de Moserot, e acamparon en Bene-Iacán. 32Partiron de Bene-Iacán e acamparon en Hor-ha-Guidgad. 33Partiron de Hor-ha-Guidgad e acamparon en Iotbatah. 34Partiron de Iotbatah, e acamparon en Abronah. 35Partiron de Abronah, e acamparon en Esion-Guéber. 36Partiron de Esion-Guéber e acamparon no deserto de Sin, isto é, Cadex. 37Partiron de Cadex e acamparon no monte Hor, na fronteira do país de Edom. 38O sacerdote Aharón subiu ó monte Hor por orde do Señor e alí morreu o ano corenta da saída dos fillos de Israel do país de Exipto, no mes quinto, a primeiros do mes. 39Aharón tiña cento vintetrés anos cando morreu sobre o monte Hor. 40Entón tivo noticia o rei cananeo de Arad, que moraba no Négueb, no país de Canaán, da chegada dos fillos de Israel.
41Partiron do monte Hor e acamparon en Salmonah. 42Partiron de Salmonah e acamparon en Funón. 43Partiron de Funón e acamparon en Obot. 44Partiron de Obot e acamparon en Lie-ha-Abarim, fronteira de Moab. 45Partiron de Lie-ha-Abarim, e acamparon en Dibon-Gad. 46Partiron de Dibon-Gad e acamparon en Almon-diblataim. 47Partiron de Almon-diblataim e acamparon nos montes de Abarim, de fronte de Nebó. 48Partiron dos montes de Abarim e acamparon nas planicies de Moab, xunto ó Xordán, de fronte de Iericó. 49Acamparon xunto ó Xordán desde Bet-ha-Ieximot ata Abel-ha-Xitim, nas planicies de Moab.
50O Señor díxolle a Moisés nas planicies de Moab, onda o Xordán, de fronte de Iericó: 51—"Fálalles ós fillos de Israel: Cando pasedes o Xordán cara ó país de Canaán, 52expulsaredes de diante de vós a todos os habitantes do país; destruiredes todas as súas pedras esculpidas e todas as súas estatuas de metal fundido, e derrubaredes todos os seus altares. 53Tomaredes posesión do país e habitarédelo; a vós douvos o país como herdanza. 54Repartiredes o país por sorte, segundo as vosas familias: ó máis numeroso darédeslle herdade maior, e ó máis pequeno darédeslle unha herdanza máis pequena. Aquilo que lle toque en sorte a cada un, seu será; collerédelo en propiedade segundo as vosas tribos paternas. 55Pero se non expulsades de diante de vós ós moradores do país, acontecerá que os que deles ficaren serán para vós como espiñas nos vosos ollos e como lanzas nas illargas, e hanvos perseguir na terra onde habitedes; 56e o que pensei facerlles a eles, faréivolo a vós".
Currently Selected:
Números 33: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT