YouVersion Logo
Search Icon

Levítico 21

21
Santidade dos sacerdotes
1Díxolle o Señor a Moisés: —"Fálalles ós sacerdotes, fillos de Aharón e dilles: Que ninguén se contamine co cadáver dun conveciño, 2Agás o dun parente moi achegado a el, coma o da nai, o do pai, o dun fillo, o dunha filla, o dun irmán 3e o dunha irmá, que se mantiña virxe sen se ter xuntado con ningún home; do contrario, mesmo por ela se podería facer impuro. 4Un marido non se poderá facer impuro por mor dos seus parentes, profanándose. 5Non raparán a cabeza, nin afeitarán a barba polos lados, nin farán incisións no seu corpo. 6Serán santos para o seu Deus, non profanando o seu nome, porque son eles os que presentan sacrificios de holocausto ó Señor, alimento do seu Deus: deberán ser santos. 7Non casarán con muller prostituída ou deshonrada ou repudiada polo seu home, porque están consagrados ó seu Deus. 8E ti recoñeceralo como santo, pois ofrece o alimento do teu Deus: será para ti santo, porque santo son eu, que vos santifico. 9Se a filla dun sacerdote se fai prostituta, é unha deshonra para seu pai, será queimada no lume.
10O sumo sacerdote, escolleito de entre os seus irmáns, a quen se lle verteu sobre a cabeza o óleo da unción e se lle deu o poder para vestir os ornamentos sagrados, non desenguedellará os cabelos da cabeza nin rachará os seus vestidos. 11Non se achegará a ningún morto, nin sequera a seu pai ou súa nai, para non se facer impuro. 12Non sairá do santuario do seu Deus, porque leva na súa testa a coroa do óleo da unción do seu Deus. Eu son o Señor. 13Collerá por muller unha virxe. 14Non poderá coller por muller nin viúva, nin repudiada, nin deshonrada, nin prostituta, senón que casará cunha moza virxe do seu pobo. 15Non fará impura a súa descendencia no medio do seu pobo, porque eu son o Señor que o santifico".
16O Señor faloulle a Moisés: 17—"Fálalle a Aharón e dille: Ninguén da túa xente nas vindeiras xeracións, que teña algunha eiva, se poderá aproximar para ofrecer o alimento do seu Deus: 18non se aproximará ningún home que teña algunha eiva, poño por caso, sendo cego ou coxo ou manco ou malfeito. 19Calquera que teña un pé ou unha man crebados, 20ou teña eiva ou sexa vesgo ou anano ou sarnoso ou tiñoso ou eunuco. 21Ninguén da parentela do sacerdote Aharón, que teña algunha eiva, se poderá aproximar para ofrecer un holocausto ó Señor: habendo unha eiva nel non se pode aproximar para ofrecer o alimento do seu Deus. 22Poderá comer do alimento do seu Deus, das ofrendas santísimas e das santas; 23pero non entrará alén do veo nin se achegará ó altar, porque ten unha eiva, e non debe profanar o meu santuario, pois eu son o Señor, que os santifico". 24Moisés díxolles isto a Aharón e ós seus fillos e a todos os israelitas.

Currently Selected:

Levítico 21: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Levítico 21