YouVersion Logo
Search Icon

Xuíces 17

17
PRIMEIRO APÉNDICE (17, 1-18, 31)
O santuario de Micah
1Había un home da serra de Efraím, chamado Micah. 2E díxolle á súa nai: —"Os mil cen siclos de prata que che foran roubados —e polos que ti comezaches a botar maldicións, que incluso as dixeches nos meus oídos—, velaquí que esa prata téñoa eu, collina eu". E dixo súa nai: —"Bendito sexas de Iavé, meu fillo!"
3E devolveu os mil cen siclos de prata á súa nai. E dixo ela: —"Este diñeiro que me pertence, quédalle ofrecido ó Señor en favor de meu fillo, para facer un ídolo e unha imaxe fundida".
4Foi el e devolveulle a prata a súa nai. Colleu súa nai douscentos siclos de prata e deullos ó ourive, que fixo con eles unha imaxe esculpida e unha imaxe fundida, que quedaron na casa de Micah.
5E o tal Micah tiña un santuario, e fixo un efod e uns terafim, e consagrou un de seus fillos, facéndoo sacerdote.
6Naquel entón non había rei en Israel e cadaquén facía o que lle viña en gana.
7E había un mozo de Belén de Xudá, da familia de Xudá, que era levita e que vivía alí; 8e foi o home desde a cidade de Belén de Xudá, para residir onde atopase algo, e chegou á serra de Efraím, a pé da casa de Micah, namentres ía de camiño. 9E díxolle Micah: —"De onde vés?" E respondeulle el: —"Son un levita, de Belén de Xudá, e veño residir onde atope algo". 10Díxolle Micah: —"Queda comigo, e serás para min un pai e un sacerdote, e dareiche dez siclos de prata cada ano, un xogo de vestidos e a túa mantenza". E pareceulle ben ó levita, 11e aledouse de quedar con aquel home, e foi o mozo para el como un da súa casa. 12E Micah consagrou o levita e tívoo como sacerdote, e quedou na casa de Micah. 13E dixo Micah: —"Agora sei que me ha de amparar o Señor, pois teño de sacerdote este levita".

Currently Selected:

Xuíces 17: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Xuíces 17