YouVersion Logo
Search Icon

Xuíces 12

12
Loita entre Galaad e Efraím
1E confabuláronse os homes de Efraím e pasaron o río cara a Safón, e dixéronlle a Iefté: —"Por que fuches batallar contra os fillos de Amón e non nos convocaches para irmos contigo? Ímoslle prender lume á túa casa contigo dentro". 2E respondeulles Iefté: —"Tiven eu e mais o meu pobo unha gran loita contra os fillos de Amón e pedinvos axuda e non me salvastes das súas mans. 3E cando vin que ti non me salvabas, arrisquei a miña vida e pasei contra os fillos de Amón e púxoos o Señor nas miñas mans. Daquela, por que subides hoxe contra min para me facerdes a guerra?"
4E convocou Iefté a todos os homes de Galaad e arremeteu contra Efraím; e zorregáronlle os homes de Galaad a Efraím, por dicirlles: —"Os de Galaad sodes uns fugados de Efraím, no medio de Efraím e de Menaxés!".
5E ocupou Galaad os baixíos do Xordán de diante de Efraím e aconteceu que, cando dicía un dos fuxitivos de Efraím "déixame pasar", preguntábanlle os homes de Galaad: —"Ti es efraimita". E respondía: —"Non". 6Daquela dicíanlle: —"Fai favor de repetir Xibbólet. E dicía: Sibbólet (pois non conseguía pronuncialo ben)". Entón eles apreixábano e degolábano xunto ós areais do Xordán. E caeron naquel entón corenta e dous mil de Efraím.
7E xulgou Iefté a Israel seis anos; e morreu Iefté o galaadita e sepultárono na vila de Galaad.
Ibsán, Elón e Abdón
8E despois del xulgou a Israel Ibsán de Belén. 9Tiña trinta fillos e trinta fillas, ás que casou fóra de alí; e trouxo de fóra trinta mozas para seus fillos. Xulgou a Israel durante sete anos. 10E morreu Ibsán e foi sepultado en Belén.
11E despois del xulgou a Israel Elón, o zebulonita, quen xulgou a Israel ó longo de dez anos. 12E morreu Elón o zebulonita e foi sepultado en Aialón, no país de Zebulón.
13Despois del xulgou a Israel Abdón, fillo de Hilel, o piratonita. 14Tiña corenta fillos e trinta netos, que cabalgaban sobre setenta asnos. E xulgou a Israel durante oito anos. 15E morreu Abdón, fillo de Hilel, o piratonita, e foi sepultado en Piratón, no país de Efraím, na montaña dos amalecitas.

Currently Selected:

Xuíces 12: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Xuíces 12