E ocupou Galaad os baixíos do Xordán de diante de Efraím e aconteceu que, cando dicía un dos fuxitivos de Efraím "déixame pasar", preguntábanlle os homes de Galaad: —"Ti es efraimita". E respondía: —"Non". Daquela dicíanlle: —"Fai favor de repetir Xibbólet. E dicía: Sibbólet (pois non conseguía pronuncialo ben)". Entón eles apreixábano e degolábano xunto ós areais do Xordán. E caeron naquel entón corenta e dous mil de Efraím.