Isaías 41
41
Deus suscita un xusto que trae consigo a paz
1Gardade silencio:
Eu fortalezo as nacións costeiras, as nacións renovan as forzas.
Que se acerque, e falarán; reunámonos para o xuízo.
2Quen suscita do oriente un xusto? Quen o chamará ante o seu trono?
Quen lle pon diante os pobos? Quen lle somete os reis?
Quen fixo as súas espadas numerosas coma o po e os seus arcos coma palla esparexida?
3Quen os persegue, deixando paz ó seu paso, sen tocar o camiño cos seus pés?
4Quen obrou e fixo isto?
O que convoca á existencia ás xeracións desde un principio.
Eu, o Señor, o Primeiro. Tamén cos derradeiros estarei eu.
5As nacións costeiras veno e collen medo, os confíns da terra tremen,
pero acercaranse e virán.
6Cada un axudará ó seu próximo e diralle ó seu irmán: "Ten ánimo!"
7O tallista animará ó ourive, ó que pule co martelo, ó que malla na zafra;
diralle da lámina incrustada: "Está ben",
e logo aseguraraa con cravos para que non se mova.
Oráculo salvífico: eu son quen te axuda e redime
8Ti, Israel, es o meu servo; Xacob, ti es quen eu elixín;
ti es a descendencia de Abraham, que me amaba;
9ti es quen eu collín dos confíns da terra e a quen chamei desde os seus extremos.
Díxenche: "Ti es o meu servo, quen eu escollín e non rexeitei".
10Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus.
Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra vitoriosa.
11Velaí: avergonzarán e serán aldraxados todos os que rabiaban contra ti,
serán coma nada e perecerán os homes que loitan contra ti;
12buscarás e non atoparás os homes que rifan contigo,
serán coma nada e nulidade os homes que guerrean contra ti,
13porque eu, o Señor, son o teu Deus, que te collo da man dereita.
Eu son quen che digo: non teñas medo. Eu son quen te axuda.
14Non teñas medo, verme de Xacob, bichiño de Israel,
Eu son quen te axuda —é o Señor quen fala—; si, o que te redime, o santo de Israel.
15Eu convértote en carro de trilla, novo, con dentes:
trillarás os montes e volveralos po, converterás os outeiros en coaño.
16Esparexeralos, botándoos ó vento, e o vendaval espallaraos.
Entón ti brincarás de ledicia por mor do Señor, alegraraste polo Santo de Israel.
17Os pobres e os necesitados buscan auga e non a hai, a súa lingua seca coa sede.
Eu, o Señor, respondereilles; eu, o Santo de Israel, non os abandonarei.
18Abrirei regueiros nas gándaras peladas; e no medio dos barrancos, mananciais,
converterei o deserto nun pozo de auga, e a terra seca en fontes.
19Porei no deserto cedros, acacias, buxos e oliveiras,
porei xuntos na estepa amieiros, olmos e cipreses,
20para que todos vexades e saibades,
para que vos apliquedes e vos decatedes
de que a man do Señor fixo isto e o Santo de Israel o creou.
Polémica contra os ídolos
21Presentade a vosa defensa, aducide as vosas probas —dixo o Rei de Xacob—.
22Alegade e mostrádenos o que vai acontecer,
mostrádenos cales foron as cousas pasadas e prestarémoslles atención.
Entenderiamos as cousas futuras se anunciásedes o que ha de vir.
23Mostrádenos o que ha de vir para o futuro, e recoñeceremos que vós sodes deuses.
Facédenos, pois, algún ben ou algún mal, que todos nós vos ollaremos con respecto e terémosvos medo.
24Velaí: non sodes ninguén, velaí os vosos feitos, que non son nada:
elixirvos a vós é unha abominación.
25Eu fágoo xurdir do Norte, e vén desde o nacente do sol;
será chamado por causa do meu nome.
El esmaga os nobres coma se fosen barro, o mesmo que o oleiro pisa o barro.
26Quen o deu a coñecer desde un principio?, que o recoñeceremos.
Quen desde o tempo pasado?, que lle diremos: "Este é o xusto".
Non, ninguén o deu a coñecer; non, ninguén o anunciou; non, ninguén oíu os vosos ditos.
27O primeiro é Sión: velaí fala; si, deille a Xerusalén un mensaxeiro de paz.
28Ollei, e non había un; ollei entre aqueles, e non había quen aconsellase.
Se lles preguntase, devolveríanme a pregunta.
29Velaí, todos eles son ninguén; os seus feitos non son nada;
as súas imaxes fundidas, vento e nada.
Currently Selected:
Isaías 41: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: