Isaías 40
40
DEUTEROISAÍAS (II Is)
Poema vocacional: chamada á consolación
1Consolade, consolade o meu pobo: —dío o voso Deus.
2Faládelle ó corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto
que a súa milicia está cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada.
Si, xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.
3Unha voz clama:
"No deserto preparádelle o camiño ó Señor.
Endereitádelle na estepa a calzada ó noso Deus.
4Que todo val sexa levantado, que todo monte e outeiro sexa rebaixado;
que a terra fragosa se volva unha chaira; e as ladeiras, un val achanzado.
5Pois vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único.
Falou a boca do Señor".
6Unha voz di: "Clama". El responde: "Que vou clamar!".
"Toda a carne é herba; e toda a fidelidade da carne, flor do campo.
7Seca a herba, murcha a flor, cando o alento do Señor sopra nela.
(Si, o pobo é a herba).
8Seca a herba, murcha a flor, pero a palabra do noso Deus mantense firme para sempre".
9Sube a un monte alto, mensaxeira de Sión,
levanta con forza a túa voz, mensaxeira de Xerusalén,
levántaa, non teñas medo.
Dilles ás cidades de Xudá: "Velaí o noso Deus".
10Velaí o meu Señor Iavé que chega con poder; si, o seu brazo domina.
Velaí a súa paga con el,
o seu xornal diante del.
11Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo,
leva ós añiños no seo e protexe os que aínda maman.
Himno á grandeza de Deus ante os ídolos; e a crise de fe do seu pobo
12Quen mediu coa súa man a auga do mar? Quen mantén fixo o ceo coa súa palma?
Quen colleu en tres puñados o po do mundo?
Quen pesou os montes coa romana e os outeiros coa balanza?
13Quen creou o espírito do Señor?
Quen é o seu conselleiro, que o instrúa?
14Con quen se aconsella para entender?
Quen lle fixo coller práctica en sentenciar con xustiza?
Quen lle ensinou a ciencia? Quen o instruíu no camiño da intelixencia?
15Velaí as nacións: son coma pingotiña dentro da sella; son coma unha area na balanza.
Velaí as illas, pesan coma o po.
16O Líbano non chega para facer a queima, os seus animais non chegan para un holocausto.
17Todos os pobos son nada en comparación con El,
son considerados nada e baleiro en comparación con El.
18Con quen asemellaredes a Deus? Que semellanza lle buscaredes?
19Un artista fonde co metal a imaxe dun deus, logo o ourive recóbrea de ouro,
ó mesmo tempo que fonde unha cadea de prata.
20O superintendente da ofrenda escolle un pau que non podreza,
busca un artista experto, para que del faga un ídolo que non se mova.
21Non o sabedes? Non o oístes? Non se vos anunciou desde un principio?
Non o entendestes desde que se fundamentou a terra?:
22Que El reina sobre o orbe da terra, e que os habitantes da terra son coma saltóns;
que el estende coma unha cortina o ceo, esténdeo coma unha tenda onde habitar;
23que converte ós xefes en nada, aniquila os árbitros do mundo.
24Non están aínda plantados, non están aínda sementados, aínda o seu plantón non enraizou a terra,
sopra neles e secan, o vendaval levántaos coma ó coaño.
25Con quen me asemellaredes, a quen serei comparable? —di o Santo—.
26Levantade os vosos ollos ó alto, ollade: Quen fixo esas cousas?
O que fai saír con orde o exército celeste, e a todo el o chama polo nome,
coa enormidade do seu poder, coa súa vigorosa forza, e non falta ningún.
27Xacob, por que dis? Israel, por que afirmas?:
"O meu comportamento está escondido para o Señor, ó meu Deus esqueceulle a sentencia ó meu favor".
28Pero ti, non o sabes? Non o tes oído?:
O Señor é Deus da Eternidade, El creou os extremos do mundo
e non está canso nin fatigado, a súa intelixencia é insondable.
29El dálle forza ó cansado, ó que non ten enerxía multiplícalle o vigor.
30Os mozos cansan e fatigan, os atletas escolleitos tropezan e caen;
31pero ós que teñen esperanza no Señor renóvanselles as forzas, soben con ás de aguia: corren, e non se fatigan; camiñan, e non cansan.
Currently Selected:
Isaías 40: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: