Isaías 42
42
Primeiro poema do Servo de Iavé. Oráculo salvífico
1Velaí o meu servo, a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu me comprazo.
Teño posto sobre el o meu espírito:
ditaralles sentencia xusta ás nacións.
2Non berrará,
non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.
3Canivela fendida non a romperá,
e torcida esmorecente non a apagará.
Con fidelidade proclamará a xustiza,
4non desfalecerá nin crebará
ata establecer na terra a xustiza,
e a súa lei, que esperan as nacións.
5Así fala, Deus, o Señor,
o que crea o ceo e o estende, o que sustenta a terra e os seus produtos,
o que lle dá alento ó pobo que hai sobre ela, e espírito ós que camiñan por ela:
6Eu, o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte,
e convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións,
7para que lles abras os ollos ós cegos, para que libres do cárcere ós presos,
da prisión ós que viven na escuridade.
8Eu, Iavé, este é o meu Nome!
A miña gloria a outro non lla dou; nin a miña loanza ós ídolos.
9As antigas predicións xa chegaron, e as novas estounas a anunciar:
antes de que despunten, fágovolas oír.
Himno profético ó Deus salvador
10Cantádelle ó Señor un cántico novo; a súa loanza, desde o confín da terra.
Serán humillados o mar e todo o que o enche, as ribeiras e os seus habitantes.
11Serán enaltecidos o deserto e as súas cidades, as fondas veigas onde habita Quedar.
Exultarán os habitantes de Sela, berrarán ledos desde o cume dos montes.
12Daranlle gloria ó Señor, e pregoarán nos países costeiros.
13O Señor sae coma un heroe, coma un guerreiro excita a súa bravura, berra, bota aturuxos de guerra, contra os seus inimigos mostra o seu poder:
14"Levo quedo desde hai moito, estou en silencio, contéñome.
Coma a muller que está no parto, berro, suspiro e acaso todo ó mesmo tempo.
15Vou asolar os montes e os outeiros, vou secar todo o seu verdor;
vou converter os ríos en barrancos e vou resecar as lagoas.
16Farei camiñar os cegos por un vieiro que non coñecen, por corredoiras descoñecidas fareinos ir.
Converterei diante deles a escuridade en luz, e as revoltas do camiño en dereitura.
Estas cousas fareillas; si, non os abandonarei".
17Eles deron a volta cara atrás. Avergonzaranse os que confían nos ídolos,
os que lles din ás imaxes fundidas: "Vós sodes o noso deus".
Israel é o servo cego e mudo para comprender o plan de Deus
18Escoitade vós, mudos! Fixádevos ben para ver, vós, cegos!
19Quen é o cego, senón o meu servo? Quen é o mudo, senón o mensaxeiro que eu enviei?
Quen está cego? —O meu enviado. Quen está mudo? —O servo do Señor.
20Olla moito, pero non cumpre; abre os oídos, pero non fai caso.
21Por amor á súa xustiza, o Señor quere engrandecer e glorificar a súa lei.
22Pero este é un pobo saqueado e arruinado.
Todos eles están pechados en covas, e presos no cárcere.
Serviron de botín, e non houbo quen os librase; serviron de pillaxe, e non houbo quen dixese: "Devólveos".
23Quen de entre vós escoitará isto, prestará atención e fará caso para o futuro?
24Quen entregou Xacob á pillaxe e Xerusalén ó saqueo?
Acaso non foi o Señor contra quen nós pecamos?
Si, non quixeron camiñar polo seu vieiro nin fixeron caso da súa lei,
25por isto o Señor verteu sobre o pobo o furor da súa ira e a súa forza de guerra,
que o consumiron de todo sen que se decatase, e que prenderon nel sen que o advertisen.
Currently Selected:
Isaías 42: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: