Isaías 23
23
Lamentación e senso teolóxico da caída de Tiro
1Oráculo contra Tiro.
Facede lamentación vós, barcos de Tárxix,
que o porto de refuxio quedou esnaquizado.
De volta do país de Kitim foille revelado isto a Tárxix.
2Chorade, habitantes da costa, traficantes de Sidón.
Os teus mensaxeiros cruzan por augas abundantes:
3A semente de Xihor viña da colleita do Nilo,
a súa ganancia era o comercio cos pobos.
4Avergónzate Sidón, que fala o mar, o refuxio de Iam, nestes termos:
"Non me retorcín de dor nin te dei eu á luz:
nin criei fillos xa mozos, nin saquei adiante fillas mozas".
5Cando pasa a noticia ós exipcios, retórcense de dor, coa noticia de Tiro.
6Cando pasa a Tárxix, os habitantes da costa fan lamentación.
7É isto causa de alegría para a vosa cidade que ten a orixe nos días remotos,
e pés que a levarán lonxe a vivir de emigrante?
8Quen planeou isto contra Tiro, que distribuía coroas,
cando os seus comerciantes eran príncipes e os seus traficantes honrados no mundo?
9O Señor dos Exércitos foi quen o dispuxo, para humillar o orgullo do seu esplendor, para facer desprezables a todos os nobres do mundo.
10Pasa ó teu país, que eu lle puxen emboscada a Tárxix e xa non hai porto de refuxio.
11A miña man estaba estendida contra Iam, fixo tremer os reinos.
O Señor ordenou que a Canaán lle destruísen as prazas fortes,
12e dixo: "non volverás a alegrarte, moza maltratada (filla de Sidón; aínda que vaias a Kitim, tampouco alí haberá descanso para ti.
13A mesma cidade dos caldeos non será para ti. Asiria fundouna para os barcos.
Ergueron as torres de asalto, arrasaron os seus castelos, volvérona unha ruína.
14Facede lamentación, barcos de Tárxix,
que o voso porto de refuxio quedou esnaquizado".
A liberación de Tiro
15Sucederá no día aquel, que Tiro quedará esquecida durante setenta anos. Pero nos anos doutro rei, ó cabo dos setenta anos, sucederalle a Tiro coma no cantar da prostituta:
16"Colle a arpa, dálle a volta á cidade, prostituta esquecida.
Toca ben a arpa, alonga o teu cantar para que sexas recordada".
17E sucederá ó cabo dos setenta anos que o Señor visitará Tiro, e Tiro volverá a facer asúa ganancia de prostituta. Prostituirase con todos os reinos que hai sobre a superficie da terra. 18A súa ganancia no comercio e a súa paga de prostituta consagraralla ó Señor. Non se almacenará nin amoreará, senón que a súa ganancia será para os que habitan ante a presenza do Señor: comerán e fartaranse e vestirán esplendidamente.
Currently Selected:
Isaías 23: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: