Isaías 24
24
APOCALIPSE GRANDE
I. Deus fai xustiza arrasando o mundo:
A) Xuízo cósmico de Deus
1Velaí o Señor: arrasa a terra e devástaa,
revolve a súa superficie e dispersa os seus habitantes:
2Aconteceralles isto ós sacerdotes o mesmo ca ó pobo,
ó servo o mesmo ca ó seu señor, á serva o mesmo ca á súa señora,
a quen compra coma a quen vende, a quen presta coma a quen recibe prestado,
ó debedor o mesmo ca ó acredor.
3A terra quedará totalmente asolada e saqueada.
Si, o Señor decidiu estas cousas.
Lamentación polo asolamento do mundo e da cidade da nada
4Está de loito, murcha a terra; está reseco e murcho o orbe, están resecos tanto o que está arriba coma a terra.
5A terra está profanada baixo os pés dos seus habitantes,
porque quebrantaron leis, pasaron por enriba dos preceptos,
romperon a alianza eterna.
6Por isto a maldición devorou a terra, e son culpables os que habitan nela,
por isto se consomen os habitantes da terra: queda só un pequeno resto.
7Está de loito o viño novo, murchou a viña,
laméntanse todos os de alegres ilusións.
8Acabouse o xúbilo dos pandeiros, rematou o ruído dos ledos,
acabouse o son xubiloso da arpa.
9Co canto xa non beberán viño,
o licor xa non fará tusir ós que o beben.
10Quedou asolada a cidade da nada,
todas as casas quedaron pechadas, ninguén entrou nelas;
11A lamentación polo viño resoou nas rúas,
desapareceu toda a ledicia, o xúbilo da cidade foi deportado.
12Soamente quedou na cidade a desolación, a porta está arrasada.
13Certo, así acontecerá no medio da terra, no medio dos pobos,
coma no vareo da oliva, coma nos rebuscos cando acabou a vendima.
Cantos de loanza ó Deus Xusto.
14Eles levantarán a súa voz, aclamarán a grandeza do Señor,
exultarán desde o mar,
15por isto glorificarán ó Señor no nacente do sol;
nas costas do mar o Nome do Señor, Deus de Israel.
16Desde as beiras da terra oímos alegres cantares: Gloria ó Xusto!
Repercusión universal da maldade humana
Pero eu pensei: "Pobre de min! Pobre de min! Ai de min!
Os impíos seguen cometendo maldades; si, seguen cometéndoas!".
17Terror, cova, trampa están sobre ti, habitante da terra!
18E sucederá que o fuxitivo do terror caerá na cova,
e quen sae do medio da cova caerá na trampa.
Si, as xanelas que hai na altura féchanse
e abalan os alicerces da terra.
19Estoupando, rómpese a terra; parte en anacos, estremécese toda.
20Cambalea a terra coma un borracho, móvese dun lado para outro,
coma se fose unha tenda improvisada, pois pesa sobre ela a súa rebeldía:
caerá e non se volverá a erguer.
Xuízo de Deus sobre os reis e reinado de Deus en Sión
21Sucederá no día aquel que o Señor lles pedirá contas
arriba ó exército de arriba, e na terra ós reis da terra;
22serán amoreados presos no pozo e pechados no cárcere,
e despois de moitos días pediránselles contas.
23A lúa chea virará rubia de vergonza,
e o sol do mediodía quedará branco de estupor.
O Señor dos Exércitos reinará no monte de Sión e en Xerusalén:
e a gloria aparecerá ante os seus anciáns.
Currently Selected:
Isaías 24: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: