Isaías 22
22
Xerusalén, librada por Deus do perigo, expiará a súa iniquidade coa morte
1Oráculo do Val da Visión.
Que che pasa agora, que con todos os teus estás subido nas terrazas?
2Está chea de ruído a cidade rebuldeira, a vila festeira.
Os teus caídos non son acoitelados coa espada, nin mortos na guerra.
3Todos os teus xefes fuxiron á vez, foron collidos co arco.
Todos os que te pillaron, foron collidos xuntos, escapaban lonxe.
4Por isto dixen: "Non olledes para min, que vou amargar con choros,
non vos empeñedes en consolarme pola desolación da filla do meu pobo,
5porque o día da confusión, do esmagamento e do escarnio
vén do meu Señor, Deus dos Exércitos.
No Val da Visión derrúbase unha muralla,
os berros diríxense á montaña.
6Elam levantou a alxaba, homes en carros de cabalos,
Quir destapa os escudos.
7Carros e cabalos encheron o mellor da túa barxa,
tomaron posición xunto á porta,
8e puxeron ó descuberto a defensa de Xudá".
No día aquel ollastes para o arsenal da Casa do bosque,
9vistes as brechas da cidade de David —cantas eran!—
e xuntastes as augas do estanque de abaixo.
10Contastes as casas de Xerusalén e botastes algunhas abaixo,
para facer inaccesible a muralla.
11Fixestes unha presa entre os dous muros, para a auga do estanque antigo;
pero non ollastes para quen a facía,
nin vistes a quen desde lonxe a ideaba.
12No día aquel o meu Señor, Deus de Israel,
fixo unha chamada ó pranto e á lamentación,
a raparse e vestirse de saco.
13Pero velaí: vós, xúbilo e ledicia:
matar becerros, sacrificar reses, comer carne e beber viño.
"A comer e beber, que mañá imos morrer".
14Pero o meu Señor, Deus dos Exércitos, reveloume ó oído:
"Esta iniquidade non vos será expiada ata que morrades",
—díxoo o meu Señor, Deus dos Exércitos—.
Caída de Xebná e subida de Eliaquim, coa conseguinte caída
15Así falou o meu Señor, Deus dos Exércitos:
"Ponte de camiño e entra onda ese mordomo, Xebná,
que está á fronte da casa do rei, e dille:
16Que tes ti aquí? A quen tes ti aquí,
pois cavaches aquí unha sepultura para ti?
Eu estou cavando no alto a miña sepultura,
estou tallando na pedra o meu lugar de descanso".
17Velaí: o Señor vaite estender ben estendido,
valente, e logo vaite envolver,
18vaite enrolar ben, e facerte rodar,
coma unha pelota cara a un país de anchas fronteiras.
Alí vas morrer, alí irán as túas gloriosas carrozas,
vergonza do pazo do teu Señor.
19Chimpareite do teu posto prominente,
botareite abaixo do teu pedestal.
20Sucederá no día aquel, que chamarei ó meu servo, Eliaquim, fillo de Hilquías.
21Farei que vista a túa túnica, e fortalecereino co teu cinguideiro
e porei na súa man o teu posto de mando:
será un pai para os habitantes de Xerusalén e para a casa de Xudá.
22Porei a chave da casa de David sobre o seu ombreiro:
abrirá, e non haberá quen feche; e fechará, e non haberá quen abra.
23Cravarei a caravilla da súa tenda nun lugar seguro,
e será trono de gloria para a casa de seu pai.
24Colgarase nel todo o peso da casa de seu pai —ramas e follas—, todos os cacharros pequenos, desde as tazas ata os pucheiros.
25No día aquel —é o Señor dos Exércitos quen fala— abaneará a caravilla cravada en lugar seguro, fallará e caerá, e esnaquizarase todo o peso que estaba sobre ela, porque o dixo o Señor.
Currently Selected:
Isaías 22: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: