Hebreos 9
9
Falta de eficacia do culto antigo
1Pois tamén a primeira alianza tiña as súas normas para o culto e para o seu santuario, que soamente era terrestre. 2De feito, construíuse unha tenda — santuario, a primeira, onde estaban o candelabro, a mesa e mais os pans ofrendados; chámase o Santo. 3Despois da segunda cortina está a tenda chamada Santísimo, 4co altar de ouro para o incenso e a arca da alianza cuberta de ouro por todos os lados; nela había unha caixa de ouro co maná, a vara reverdecida de Aharón e mais as táboas da alianza. 5Enriba da arca, os querubíns da Gloria, que cubrían coa súa sombra o lugar da expiación. Pero non hai agora por que seguir falando destas cousas con detalle.
6Estando todo isto construído deste xeito, na primeira tenda entran a miúdo os sacerdotes, para celebraren o culto. 7Pero na segunda, soamente o Sumo Sacerdote, unha vez cada ano, el só, levando sangue, para o ofrecer por si mesmo e polos pecados de descoido do pobo. 8Con iso quere mostrar o Espírito Santo que, mentres a primeira tenda estea en pé, aínda non está aberto o camiño para o santuario. 9Todo isto é un símbolo que se ten que aplicar ó momento actual, pois ofrécense dons e sacrificios, que non son capaces de facer perfecto na súa conciencia a quen practica este culto; 10soamente teñen poder de purificar en relación con certas comidas, bebidas e diferentes lavatorios: todas elas normas exteriores impostas ata o momento da reforma.
O sacrificio de Cristo, eficaz e definitivo
11Pero ó presentarse Cristo coma Sumo Sacerdote dos auténticos bens, entrando a través dunha tenda — santuario maior e máis perfecta, non de feitío humano, isto é, non deste mundo, 12e ofrendando o seu propio sangue, non o sangue de carneiros ou de becerros, entrou dunha vez para sempre no santuario e, deste xeito, conseguiu unha redención definitiva. 13Se o sangue de carneiros e de touros e a cinsa dunha xovenca asperxida polos impuros consagra estes, dándolles unha pureza corporal, 14moito máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se ofreceu a si mesmo a Deus, coma vítima sen mancha) limpará a nosa conciencia das obras de morte, para así servirmos o Deus vivo.
A Nova Alianza
15Por iso é mediador dunha nova alianza, xa que morreu para redimir dos pecados cometidos baixo a primeira alianza, a fin de que os que están chamados á herdanza eterna, poidan recibir o cumprimento desta promesa. 16Porque onde hai un testamento é preciso presentar probas da morte do testador; 17xa que o testamento é firme soamente en caso de morte, porque mentres viva o testador o testamento non é firme. 18Por iso nin sequera a primeira alianza se ten renovado sen sangue, 19pois Moisés, logo que lle leu a todo o pobo os preceptos que se conteñen na Lei, colleu o sangue dos becerros xunto con auga, con lá rubia e mais con hisopo e asperxeu no libro e na xente toda, 20dicindo: "Este é o sangue da alianza que Deus pactou convosco". 21Tamén asperxeu con sangue, de forma semellante, na tenda — santuario e mais en todos os utensilios do culto. 22Conforme á Lei case todo se purifica con sangue e sen verter sangue non hai perdón.
23Porque se foi preciso que os anticipos das realidades celestiais se purificasen con estes ritos, as realidades celestiais mesmas hanse de purificar con sacrificios ben máis poderosos ca estes.
A entrada no ceo
24Pois o Mesías non entrou nun santuario de feitío humano, copia do verdadeiro, senón que entrou no ceo, para poder presentarse agora diante do mesmo Deus a favor noso; 25e non para repetir moitas veces o seu propio sacrificio, como fai o Sumo Sacerdote, que entra cada ano no santuario levando sangue alleo, 26porque, se así for, debería ter sufrido moitas veces desde a creación do mundo; pero a verdade é que agora dunha vez para sempre, no derradeiro dos períodos da historia, co sacrificio de si mesmo, quedou a disposición de todos para acabar co pecado.
27O mesmo que o destino de todo home é morrer unha vez só e, despois xa da morte, vén o xuízo, 28Así tamén Cristo, unha vez que se ofrendou para quitar os pecados, volverá a aparecerlles por segunda vez, xa sen ter que ver co pecado, para salvar os que o están agardando con ansia.
Currently Selected:
Hebreos 9: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: