Hebreos 10
10
O Sacerdocio de Cristo, causa de Salvación eterna. Insuficiencia da Lei
1Porque xa que a Lei contén soamente unha sombra dos bens futuros e non a imaxe mesma destas realidades, cos sacrificios que se ofrecen —sempre os mesmos cada ano—, endexamais non poderá a Lei volver perfectos ós que se acollen a ela. 2Porque acaso estes sacrificios non se deixarían de ofrecer, se os que os practican, purificados de vez, non tivesen xa ningunha conciencia dos seus pecados? 3Polo contrario, nestes sacrificios conmemóranse os pecados un ano tras outro.
Substitución dos sacrificios exteriores polo sacrificio de Cristo
4A verdade é que resulta imposible que o sangue de touros e de cabras quite os pecados. 5Por iso, cando Cristo entra no mundo, di:
"Sacrificios e ofrendas non os quixeches,
pero formáchesme un corpo;
6holocausto e sacrificio de expiación
non che gustaron;
7entón dixen:
olla que xa cheguei, meu Deus,
para facer a túa vontade
como se di de min nun capítulo do libro".
8Di no comezo: "Sacrificios, ofrendas, holocaustos e sacrificios de expiación, nin os quixeches nin che gustaron" (todos eles son sacrificios que a Lei manda ofrecer); 9e di despois: "Olla que xa cheguei para facer a túa vontade". Deixa sen validez o primeiro para darlle soamente validez ó segundo. 10Foi por esta vontade de Deus, como quedamos nós santificados coa ofrenda única e para sempre do corpo de Xesús Cristo.
Substitución dos sacerdotes da antiga alianza polo sacerdote entronizado
11Todo sacerdote ten que estar de pé acotío para celebrar o culto e ofrecer un tras outro os mesmos sacrificios, aínda que estes sacrificios de ningún xeito poidan quitar os pecados. 12Este, en troques, logo que ofreceu un único sacrificio polos pecados, sentou para sempre á dereita de Deus 13e, deste xeito, non lle queda máis que agardar a que Deus faga dos seus inimigos un estrado para os seus pés. 14Cunha única ofrenda deixou para sempre perfectos ós que el santifica.
A nova alianza non precisa novos sacrificios
15Isto mesmo nos testifica o Espírito Santo, xa despois de ter dito: 16"Esta é a alianza que pactarei con eles cando cheguen aqueles días, di o Señor: cando dea as miñas leis, héillelas de escribir nos seus corazóns e nas súas mentes", 17e engade: "xa non me lembrarei máis dos seus pecados e dos seus delitos". 18Ora, se hai perdón dos pecados, xa non pode haber sacrificios polos pecados.
EXHORTACIÓN
Exhortación á fe, esperanza e caridade
19Pois logo, irmáns, xa que temos entrada libre no santuario, debido ó sangue de Xesús, 20un vieiro novo e vivente que el nos abriu a través da cortina, isto é, a través da súa carne, 21e, xa que temos un gran sacerdote á fronte da casa de Deus, 22manteñámonos con criterios sans na súa presenza con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa, 23manteñamos a esperanza indefectible que profesamos, pois quen prometeu é fiel. 24E considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras. 25E non faltedes endexamais á nosa reunión, como fan algúns, senón que nos animemos uns ós outros e tanto máis canto que ollades que está a chegar aquel día.
O medo ó Deus vingador
26Porque, se permanecemos no pecado, porque nos dá a gana, despois de termos recibido o pleno coñecemento da verdade, xa non nos queda outro sacrificio polos pecados: 27soamente a horrible perspectiva do xuízo e a fogaxe de lume que está para devorar os inimigos. 28A quen non fai caso dalgún precepto da Lei de Moisés, mátano sen compaixón, baseándose en dous ou tres testemuñas. 29Canto peor castigo coidades que merecerá un que tripou no Fillo de Deus, que considerou cousa profana o sangue da alianza, co que fora consagrado, e que aldraxou ó Espírito da graza? 30Porque ben sabemos quen foi o que dixo: "A vinganza tócame a min. Eu héillelas devolver"; e tamén: "O Señor xulgará o seu pobo". 31Terrible ten que ser caer nas mans do Deus vivo.
Animádevos cos recordos do pasado e coa esperanza confiada do futuro
32Lembrádevos dos primeiros días, nos que, como novos iluminados, soportastes tanta competición dolorosa: 33unhas veces por vervos expostos a aldraxes e escarnios públicos; outras por sentirvos compañeiros dos que se atopaban nesas situacións. 34A verdade é que vos compadeciades dos presos e aceptabades con alegría as confiscacións dos vosos bens, xa que tiñades ben aprendido que tendes un patrimonio ben mellor e duradeiro. 35Non deixedes a un lado a vosa esperanzada confianza, que contén unha gran recompensa. 36Xa que, de feito, cómprevos paciencia para vos conformar coa vontade de Deus e deste xeito conseguir a promesa: 37porque aínda un pouco, ben pouquiño, e o que está para vir chegará e non se retrasará; 38quen me é fiel vivirá por mor da súa fidelidade; pero, se algún se escuda da miña fidelidade, deixará de agradarme. 39Pero nós non somos dos que se escudan para acabar na perdición, senón dos que son fieis e se salvan.
Currently Selected:
Hebreos 10: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: