Hebreos 8
8
Sumo Sacerdote perfecto, consumado, consagrado
1Isto é o máis importante de todo o que imos dicindo: que temos un Sumo Sacerdote de tal categoría que tomou posesión do seu trono no ceo á dereita do trono da Maxestade, 2ó mesmo tempo que oficiou coma sacerdote no santuario e na tenda verdadeira, que erixiu o Señor, non un home.
3Xa que todo Sumo Sacerdote se constitúe para ofrecer dons e sacrificios; por iso cumpría que el tivese algo que poder ofrecer. 4Pois se a súa ofrenda fose terreal, nin sequera el sería sacerdote, habendo como hai os que lexitimamente ofrendan dons. 5Aínda que estes dan culto a un asomo, a unha sombra das realidades celestes, conforme ó que se lle revelou a Moisés cando estaba para construír a tenda — santuario: "Olla que has de facer todo, segundo o exemplo que se che mostrou no monte". 6Pero, de feito, ó noso Sumo Sacerdote tocoulle unha liturxia tanto máis importante canto máis poderosa é a alianza da que é mediador, xa que esta alianza está legalmente establecida apoiada en promesas de máis valía.
Defectos da Antiga Alianza e substitución pola Nova
7Pois, se aquela primeira alianza fose sen falla, xa non habería lugar para unha segunda. 8Porque Deus, reprendéndoos, dilles:
Vede que virán días —di o Señor—
nos que establecerei coa casa de Israel
e coa casa de Xudá unha alianza nova;
9non coma a alianza que fixen con seus pais,
cando os collín pola man,
para os sacar de Exipto:
porque eles non permaneceron fieis á miña alianza,
e tamén eu me desentendín deles, di o Señor.
10Pois esta é a alianza que pactarei coa casa de Israel,
cando cheguen aqueles días di o Señor: cando dea as miñas leis,
héillelas escribir nos seus corazóns e nas súas mentes.
Eu serei para eles o seu Deus e eles serán para min o meu pobo.
11Xa ninguén terá que ensinar ó seu veciño
nin cadaquén ó seu irmán, dicíndolle: "Recoñece ó Señor";
porque hanme coñecer todos eles,
desde o máis pequeno ó máis grande,
12xa que estarei disposto a perdoarlles as súas maldades,
e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.
13O chamarlle Deus nova a esta alianza, deixou anticuada a primeira; ora, o anticuado e avellado está próximo a desaparecer.
Currently Selected:
Hebreos 8: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: