YouVersion Logo
Search Icon

Xénese 40

40
Soños do copeiro e do panadeiro do faraón
1Nunha ocasión o copeiro e mais o panadeiro do rei de Exipto ofenderon ó seu señor. 2O faraón anoxouse contra eles, contra o copeiro maior e o panadeiro maior, 3e meteunos en prisión, na casa do xefe da garda, onde estaba Xosé detido. 4O xefe da garda confioullos a Xosé, quen os servía.
5O copeiro e o panadeiro do rei de Exipto que estaban presos no cárcere, levaban xa tempo detidos, cando unha noite cada un deles tivo seu soño, cada soño co seu sentido. 6Pola mañá entrou Xosé onda eles e atopounos deprimidos. 7E preguntoulles ós dous ministros, compañeiros do cárcere: —"Por que tedes hoxe mala cara?"
8Respondéronlle eles: —"Tivemos un soño, e non hai quen nolo interprete".
Díxolles Xosé: —"Non lle corresponde a Deus a interpretación? Contádeme o soño".
9O copeiro maior contoulle o seu soño a Xosé: —"Soñei que tiña diante unha vide. 10A vide tiña tres bacelos. Agromou, floreceu e as uvas madureceron nos acios. 11Eu sostiña nunha man a copa do faraón, collía as uvas e espremíaas na copa, e puña a copa na man do faraón".
12Xosé díxolle: —"Este é o seu significado. Os tres bacelos da vide son tres días. 13No termo de tres días erguerá o faraón a túa cabeza, repoñéndote no teu posto, e ti porás a copa na súa man, coma cando eras o seu copeiro. 14Cando che vaia ben, acórdate de min. Faime o favor de falarlle de min ó faraón, para que me leve desta casa. 15Trouxéronme secuestrado do país dos hebreos, e aquí non fixen ningún mal, para que me botasen neste alxube".
16Cando o panadeiro maior oíu que o significado do soño do copeiro era bo, díxolle a Xosé: —"Tamén eu soñei que levaba na cabeza tres cestas de pan. 17Na cesta de riba levaba toda sorte de repostería para o faraón, pero os paxaros peteiraban na cesta que eu levaba na cabeza".
18Xosé díxolle: —"Este é o seu significado. As tres cestas son tres días. 19Cabo de tres días erguerá o faraón a túa cabeza, pendurarate dunha árbore e os paxaros comerante".
20O cabo de tres días, día de anos do faraón, deu este un banquete a todos os seus ministros, e de entre todos tivo por ben erguer a cabeza do copeiro maior e do panadeiro maior. 21O copeiro maior repúxoo no seu posto de copeiro, para que puxese a copa na man do faraón. 22Pero ó panadeiro maior pendurouno dunha forca, como Xosé interpretara. 23O copeiro maior non se lembrou máis de Xosé, esqueceuse del.

Currently Selected:

Xénese 40: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in