Ezequiel 31
31
Grandeza, caída e lugar de Exipto
1O ano once, o primeiro día do mes terceiro, veume a palabra do Señor nestes termos:
2Fillo de Adam, dilles ó Faraón, rei de Exipto, e á súa tropa:
A quen te pareces na túa grandeza?
3Velaí unha exuberante ramaxe,
ramallada sombriza, impoñente altura,
as súas pólas están entre as nubes.
4As augas da chuvia fano medrar,
e as augas de baixo terra fano crecer,
a súa raizame camiña por todo o arredor
cara ás correntes de baixo terra,
que manda os seus regos onda todas as árbores do campo.
5Por isto a súa altura supera a todas as árbores do campo,
as súas pólas multiplicáronse,
o seu talo ensanchou,
ó lanzarse el onda as augas abundantes.
6Nas súas pólas aniñaban todos os paxariños do ceo,
debaixo da súa ramallada parían todos os animais do campo,
e á súa sombra descansaban todos os pobos ricos.
7Que fermoso era coa súa grandura
e coa anchura da súa ramaxe!
Como alongaba as súas raíces cara ás augas abundantes!
8No xardín dos deuses os cedros non eran máis altos ca el,
nin os cipreses se podían comparar á súa ramaxe,
nin os plátanos eran coma as súas ramas;
ningunha árbore do xardín dos deuses
se podía comparar con el na súa beleza.
9Espléndido o fixen, coa abundancia da súa ramaxe,
Como lle tiñan envexa todas as árbores do Edén,
que está no xardín dos deuses!
10Pois ben, así fala o meu Señor, Iavé:
—Por ensoberbecerse da altura,
e por poñer a súa ramaxe entre as nubes,
e por oufanarse os seus pensamentos coa altura,
11eu entregueino ó poder do xefe das nacións,
que o ha tratar conforme á súa maldade,
12Deixeino para que o corten os bárbaros,
os máis tiranos de entre os pobos,
e o abandonen no monte,
e as súas pólas caian por todos os barrancos,
e a súa ramaxe sexa esnaquizada polos máis valentes do mundo,
e todos os poderosos do mundo saian da súa sombra
e o rexeiten.
13Nas súas pólas caídas pousáronse todos os paxariños do ceo
e todos os animais do campo estiveron na súa ramaxe.
14Deste xeito ningunha árbore ben regada se oufanará coa altura,
nin poñerá a súa ramaxe entre as nubes,
nin ningunha árbore ben regada
se manterá firme na súa soberbia fronte ás outras,
pois todas elas están destinadas á morte,
ás profundidades da terra, a estaren cos fillos de Adam,
cos que baixan ó abismo.
15Así fala o meu Señor, Iavé:
—O día que o cedro baixou ó reino dos mortos,
eu fixen que o Abismo fixese loito por el,
e que o cubrise:
parei a súa corrente
e detivéronse as augas caudalosas.
Fixen que o Líbano se puxese de loito por el,
e cubríronse de loito por el todas as árbores do campo.
16Fixen que co estrondo da súa caída
se estremecesen as nacións,
cando o fixen baixar ó reino dos mortos
cos que baixaban ó Abismo;
consoláronse nas profundidades da terra
todas as árbores do Edén,
e o escollido e o mellor do Líbano,
todas as árbores ben regadas de auga.
17Pois tamén baixaron elas xunto co cedro ó reino dos mortos,
o exército dos atravesados pola espada e os xermolos do cedro,
que vivían á súa sombra no medio das nacións.
18E, así, a quen te parecías en gloria e grandeza
entre as árbores do Edén?
Farante baixar xunto coas árbores do Edén
ás profundidades da terra,
e deitaraste no medio dos incircuncisos,
xunto cos pasados pola espada.
Tal será o Faraón e todo o seu exército
—é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Currently Selected:
Ezequiel 31: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT