Ezequiel 17
17
Alegoría de xuizo de castigo e de salvación
1Veume a palabra do Señor nestes termos:
2Fillo de Adam propón un enigma,
imaxina unha parábola para a casa de Israel,
3dille: así fala o meu Señor, Iavé:
A aguia grande, de grandes ás,
de longa envergadura,
de espesa plumaxe,
de cor pintada,
voou ata o Líbano;
e colleu a copa do cedro,
4esgazou a punta do seu gromo,
levouna a unha cidade de traficantes,
e púxoa nunha cidade de arrieiros.
5Logo colleu parte da semente da cidade
e sementouna en terra de labradío,
á beira de augas abundantes,
xunto a un remanso.
6Prendeu e converteuse
nunha cepa opulenta, de baixa altura,
dirixía as súas ramas cara ó cedro,
e as súas raíces puxéronse debaixo del,
e converteuse nunha cepa.
Botou vides e sacou abrochos,
e agromou cos bacelos.
7Logo apareceu unha aguia grande,
de grandes ás
e de moita plumaxe;
e, velaí, a cepa estendeu avidamente as súas raíces cara á aguia
e dirixiu cara a ela as súas ramas,
para beber dela máis ca no bacelo do seu plantío,
8Aínda que estaba plantada nun terreo chuvioso,
xunto a augas abundantes,
para botar vides e para dar froito,
para ser unha cepa excelente.
9Dille: así fala o meu Señor, Iavé:
—Seguirá adiante?
Non a arrincará de raíz a aguia
e non lle esgazará o froito e secará?
Todos os xermolos da súa medra secarán,
pois ela con brazo forte e cun pobo numeroso
é forte abondo para a levantar de raíz.
10Olládea, a plantada cepa,
seguirá adiante?
Acaso non secará cando a azoute
o vento soán?
Acaso non secará no bacelo onde foi plantada?
11Veume a palabra do Señor nestes termos:
12Dille á casa rebelde:
Non sabedes o que quere dicir isto?
Dille: vede, o rei de Babilonia veu a Xerusalén,
colleu o seu rei e mais os seus príncipes,
e levounos a xunto del a Babilonia.
13Colleu un de estirpe real
e fixo con el un pacto
comprometéndoo con xuramento;
levou os nobres do país,
14para que fose un rei humilde
e deste xeito non se levantase,
para que gardase a súa alianza
e que esta fose estable.
15Pero rebelouse contra el,
mandando mensaxeiros a Exipto,
para que lle desen cabalos e moitos soldados.
Terá éxito?
Librarase o que fixo tales cousas?
Quebrantou o pacto, e librarase?
16Xuro pola miña vida, —é o meu Señor, Iavé, quen fala— que no país do rei que o fixo reinar a el, o do xuramento que el desprezou e o do pacto que el quebrantou, nese país, el morrerá, no medio de Babilonia. 17Pero o Faraón non se fará ver na guerra cun grande exército e cunha numerosa multitude, cando se levanten terrapléns e se constrúan muros de asedio para segar moitas vidas. 18Desprezou o xuramento, quebrantando o pacto. Pois xa que deu a súa man, pero fixo todas estas cousas: non se librará.
19Por iso, así fala o meu Señor, Iavé:
—Xuro pola miña vida que o xuramento que desprezou,
e o pacto que quebrantou,
llos volverei de certo sobre a súa cabeza.
20Botarei sobre el a miña rede,
e cazareino na miña trampa;
conducireino a Babilonia
para preitear con el no xuízo da deslealdade
que contra min cometeu.
21A todos os fuxitivos
dos seus exércitos decapitaranos,
e os fuxitivos dispersaranse ós catro ventos:
así saberedes que eu, o Señor, fun quen falou.
22Así fala o meu Señor, Iavé:
—Eu collerei das ramas do cedro a máis alta e fixareina;
dos gallos máis novos arrincarei un xermolo,
e plantareino nun monte alto e elevado,
23no monte elevado de Israel plantareino;
botará gromos e dará froitos
e volverase un cedro magnífico;
aniñarán debaixo del todos os paxariños,
todas as aves aniñarán á sombra das súas ramas.
24Entón todas as árbores do monte
caerán na conta de que eu, o Señor,
derreo a árbore ergueita
e levanto a árbore derreada;
seco a árbore verde
e fago florecer a árbore seca.
Eu, o Señor, díxeno e fareino.
Currently Selected:
Ezequiel 17: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT