Ezequiel 18
18
O Deus xusto e a retribución individual
1Veume a palabra do Señor nestes termos:
2Que vos pasa a vós, que andades repetindo este dito na terra de Israel:
"Os pais comeron as uvas verdes
e os fillos sofren a denteira"?
3Pola miña vida —é o meu Señor, Iavé quen fala—
xuro que vós non volveredes repetir
este dito en Israel.
4Pois, de certo, todas as vidas son miñas;
o mesmo cá vida do pai,
tamén a vida do fillo é miña;
a persoa que peque, esa é a que morrerá.
5Se un home é xusto,
e practica o dereito e mais a xustiza:
6non come banquetes sacros nas montañas
nin levanta os seus ollos
cara ós ídolos da casa de Israel;
non profana a muller do seu próximo,
nin se achega á muller na menstruación;
7se o tal non explota a ninguén,
devolve a fianza da súa débeda,
non comete roubo,
dálle o seu pan ó famento
e cobre ó espido con vestidos;
8se non presta con usura
nin cobra os intereses;
se aparta a súa man da iniquidade,
e xulga conforme o dereito e a verdade entre home e home;
9se camiña conforme os meus preceptos
e garda os meus mandamentos,
practicando a verdade e a xustiza:
este certamente vivirá.
—é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
10Pero se un xera un fillo asasino,
ou se o familiar comete algunha destas cousas
11Aínda que el non faga ningunha:
tal coma comer banquetes sacros nas montañas
e profanar a muller do seu próximo;
12explotar o desgraciado e o pobre,
roubar e non volver o peñor da fianza,
erguer os seus ollos cara ós ídolos
e cometer abominacións;
13prestar con usura, cobrar intereses,
acaso vivirá? —Non vivirá:
cometeu todas estas abominacións
e morrerá sen remedio;
o sangue dos seus crimes volverase contra el.
14Pero, velaí, un ten un fillo
que ve os pecados que fai seu pai,
veos pero non se comporta conforme a eles;
15non come banquetes sagrados nas montañas,
non ergue os seus ollos cara ós ídolos da casa de Israel;
non profana a muller do seu próximo;
16non explota, nin retén o peñor da fianza;
non rouba, dálle o seu pan ó famento
e veste ó espido;
17Aparta a súa man de provocar aflicións,
non cobra intereses nin usura;
cumpre os meus mandamentos
e camiña polos meus preceptos:
este non morrerá polos pecados de seu pai,
ben certo que vivirá.
18O seu pai, xa que oprimiu e roubou ó irmán
e xa que non fixo no medio do seu pobo o que está ben,
morrerá de certo pola súa iniquidade.
19Pero vós dicides: "por que non carga o fillo coa iniquidade do pai?"
—Porque se o fillo observou o dereito e a xustiza,
e se gardou todos os meus preceptos e se os puxo en práctica,
vivirá certamente.
20O que peque será quen morrerá;
o fillo non cargará coa iniquidade do pai,
o pai non cargará coa iniquidade do fillo;
sobre o xusto reverterá a súa xustiza,
sobre o malvado reverterá a súa ruindade.
21Se o malvado se converte de todos os pecados que cometeu,
e garda todos os meus preceptos
e practica o dereito e a xustiza,
vivirá de certo, non morrerá;
22Todas as maldades que cometeu non se lle terán en conta:
por mor da xustiza que practicou, vivirá.
23É acaso verdade que sinto eu pracer coa morte do malvado,
—é o meu Señor, Iavé, quen fala—
e non en que se converta do seu camiño
e que viva?
24Cando o xusto se aparta da xustiza
e comete a maldade,
e se comporta e vive segundo todas as abominacións que comete o malvado,
todas as obras boas que fixo non se terán en conta:
polas infidelidades que cometeu
e polos pecados que fixo,
por eles morrerá.
25E vós respondedes: "Non é xusto o proceder do Señor".
Escoitade, Casa de Israel:
—Non é xusto o meu xeito de comportarme?
Non é máis ben o xeito de vos comportardes vosoutros o que é inxusto?
26Cando o xusto se aparta das súas obras de xustiza
e comete iniquidades e morre debido a elas,
morre debido ás iniquidades que el cometeu.
27Cando o malvado se aparta da maldade que cometeu
e practica o dereito e a xustiza,
entón el consegue a vida.
28Se cae na conta e se aparta da maldade que cometeu,
vivirá de certo, non morrerá.
29E responde a Casa de Israel:
"Non é xusto o xeito de se comportar o Señor".
—Non é xusto o meu comportamento, Casa de Israel?
Non é mais ben o voso comportamento o que é inxusto?
30Por isto, xulgareivos a cada un de vós
conforme o propio comportamento, Casa de Israel,
—é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Convertédevos e apartádevos das vosas ruindades,
e non teredes o tropezo para caer na iniquidade.
31Quitade de diante de vós as vosas maldades
coas que pecastes,
e facédevos un corazón novo e un espírito novo.
Por que queredes morrer,
Casa de Israel?
32Non sinto eu pracer pola morte do que morre
—é o meu Señor, Iavé quen fala—
Convertédevos e viviredes!
Currently Selected:
Ezequiel 18: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT