YouVersion Logo
Search Icon

Éxodo 31

31
Os artífices do santuario
1O Señor díxolle a Moisés: 2—"Ves que chamei polo seu nome a Besalel, fillo de Urí, fillo de Hur, da tribo de Xudá, 3e que o enchín do espírito de Deus, de sabedoría, de intelixencia e de habilidade para calquera labor: 4para concibir proxectos, para labrar o ouro, a prata e o bronce, 5para tallar pedras e engastalas, para tallar madeiras e facer calquera obra. 6Ves tamén que lle dei por axudante a Oholiab, fillo de Ahisamac, da tribo de Dan. A todos os homes capaces deilles habilidade, para que poidan facer todo canto che mandei: 7A Tenda do Encontro, a arca da alianza co propiciatorio que está por riba dela, e os utensilios todos da tenda, 8A mesa cos seus accesorios, o candelabro de ouro cos seus trebellos, o altar do incenso, 9o altar dos holocaustos con todos os seus utensilios e a pía coa súa base, 10As vestiduras sacras do sacerdote Aharón e de seus fillos, cando serven no santuario, 11o óleo da unción, o incenso recendente para o santuario. Farán todas esas cousas conforme eu che mandei".
O descanso do sábado
12O Señor díxolle a Moisés: 13—"Dilles ós israelitas: Gardaredes o meu sábado, porque o sábado é o sinal entre min e vós, dunhas a outras xeracións, polo que coñeceredes que eu son o Señor que vos consagro. 14Gardaredes o sábado, que será día santo para vós. O que o profane será reo de morte; o que traballe nese día será excluído do pobo. 15Seis días traballarás, pero o sétimo, sábado, é día de lecer, consagrado ó Señor. O que traballe en día de sábado será reo de morte. 16Os israelitas gardarán o día do sábado, celebrarano polas xeracións, cumprindo un pacto perpetuo. 17Será sinal duradeiro entre min e os israelitas, pois en seis días fixo o Señor o ceo e a terra, e o sétimo descansou".
18Cando o Señor rematou de falar con Moisés no monte Sinaí, entregoulle as dúas táboas da alianza, táboas de pedra escritas polo dedo de Deus.

Currently Selected:

Éxodo 31: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in