Bible App logo
Search Icon

Qohélet (Eclesiastés) 11

11
Risco e valor na empresa
1"Envía o teu trigo polo mar, despois de moitos días halo de recobrar!"
2"Reparte en sete e aínda en oito partes pois non sabes das desgrazas que poden suceder no país".
3"Cando as nubes van cheas vai descargar a chuvia polo chan". "Caia para o sur ou caia para o norte, onde se deite a árbore alí queda".
4"Quen moito olla para o vento, non sementa; quen moito olla para as nubes, non colleita".
5Do mesmo xeito que non coñeces como chega o sopro da vida ós ósos no seo da muller preñada, tampouco sabes ti do obrar de Deus que o fai todo.
6"Sementa de mañá a túa semente e pola tarde non pouses as túas mans", xa que ignoras cal das dúas sementes vai medrar, nin se as dúas son igual de boas.
XIV. Loanza da vida
7Doce é a luz, e amable para os ollos ver o sol.
8Por moitos anos que viva o home, goce deles todos, e lembre os días escuros que tamén serán moitos, pois o futuro é efémero.
9Fólgate, rapaz novo, na túa mocidade
aleda o corazón no tempo da xuventude,
sigue os impulsos do teu ánimo
e o que cobicen os teus ollos!
(Sabendo non obstante que de todo te ha chamar Deus a render conta).
10Desbota a tristura do teu corazón,
arreda o sufrimento do teu corpo!
Pois infancia e mocidade son un sopro.

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in