Baruc 2
2
1Por isto o Señor executou a sentencia que pronunciara contra nós e contra os xuíces que xulgaban a Israel e contra os nosos reis, os nosos xefes e os homes de Israel e de Xudá. 2Non se fixo debaixo do ceo cousa semellante á que se fixo en Xerusalén, como xa se escribira na Lei de Moisés, 3cando comemos cada un de nós a carne do seu propio fillo e a da súa propia filla, 4porque o Señor os entregara nas mans de todos os reinos que estaban ó noso arredor, para que servisen de vergonza e maldición entre todos os pobos circundantes, a onde o Señor os dispersou. 5Si, quedaron por baixo e non por riba, porque pecaramos contra o Señor, noso Deus, non lle facendo caso á súa voz.
6O Señor, noso Deus, perténcelle a xustiza, pero a nós e a nosos pais perténcenos a vergonza das nosas caras, coma o día de hoxe. 7Todo o que o Señor nos revelou, todas estas calamidades viñeron sobre nós, 8porque nós non invocaramos o rostro do Señor, para que cada un se apartase dos plans do seu ruín corazón. 9Por isto o Señor lembrou estas calamidades e mandounas contra nós. O Señor é xusto en todas as accións que nos mandou cumprir, 10pero nós non lle fixemos caso á súa voz para que camiñásemos conforme os preceptos que o Señor puxo ante a nosa presenza.
B) Súplica
11Pero agora, Señor, Deus de Israel, ti que sacaches o teu pobo do país de Exipto con man poderosa, con sinais, con prodixios e con grande poder e con brazo en alto, e conseguiches para ti mesmo un renome, coma o que hoxe se ve: 12nós, Señor, noso Deus, temos pecado e cometido impiedades e inxustizas contra todos os teus decretos. 13Apártese o teu furor de nós, porque quedamos uns pouquiños, abandonados entre as nacións onde nos dispersaches. 14Escoita, Señor, a nosa oración e a nosa súplica, e líbranos por ti mesmo. Concédenos atopar favor ante a presenza dos que nos deportaron, 15para que toda a terra recoñeza que ti es o Señor, noso Deus, porque o teu Nome foi invocado sobre Israel e sobre a súa raza. 16Señor, olla para abaixo desde a túa santa Casa, e pensa en nós. Achega o teu oído, e escoita. 17Abre, Señor, os teus ollos e mira, porque non serán os mortos, no Hades, a quen o espírito lles foi quitado das entrañas, os que recoñecerán a gloria e as accións do Señor; 18serán, máis ben, os de ánimo moi entristecido, os que camiñan encollidos e enfermos, os ollos que escurecen e a gorxa que pasa fame, os que recoñezan, Señor, a túa gloria e a túa acción salvadora. 19Pois non é polas obras de xustiza dos nosos pais e dos nosos reis polo que nós suplicamos compaixón ante ti, Señor, noso Deus, 20xa que lanzaches o teu furor e a túa ira contra nós, tal como o anunciaras por medio dos teus servos, os profetas, dicindo:
21"Así fala o Señor: inclinade o voso lombo e servide o rei de Babilonia, e asentádevos na terra que eu lles dei a vosos pais. 22Pero se non facedes caso da voz do Señor, servindo o rei de Babilonia, 23eu farei que desapareza das cidades de Xudá e de Xerusalén o canto de alegría e o canto de pracer, o canto do noivo e o canto da noiva, e todo o país se volverá algo intransitable, sen habitantes".
24Pero nós non lle fixemos caso á túa orde de servir o rei de Babilonia, e ti cumpriches as túas palabras, que revelaras por medio dos teus servos os profetas, de deportar as persoas dos nosos reis e as persoas de nosos pais, dos seus lugares. 25E velaí están tirados os seus ósos á calor do día e á xeada da noite, pois morreron con terribles sufrimentos: coa fame, coa espada e coa separación. 26A Casa onde se invoca o teu Nome volvíchela tal como está o día de hoxe, por culpa da ruindade da casa de Israel e da casa de Xudá.
27Non obstante, ti, Señor, noso Deus, comportácheste connosco conforme a túa inmensa indulxencia e á túa grande compaixón, 28tal como o dixeras por medio do teu servo Moisés, cando ti lle mandaches escribir a túa Lei diante dos fillos de Israel:
29"Se non lle facedes caso á miña voz, esta grande e numerosa multitude volverase pouca cousa entre as xentes onde os hei de dispersar, 30porque sei ben que non me farán caso, pois son un pobo de cabeza dura. Pero converterase o seu corazón no país do seu desterro, 31e recoñecerán que eu son o Señor, o seu Deus, e eu dareilles corazón e oídos para que poidan facer caso; 32louvaranme no país do seu desterro e lembraranse do meu Nome. 33Apartaranse da súa obstinación e dos seus malos feitos, pois lembraranse do comportamento de seus pais; de como pecaron contra o Señor. 34E eu fareinos volver á terra que lles prometín con xuramento a seus pais, a Abraham, Isaac e Xacob, e serán os señores dela. Si, multiplicareinos e non minguarán de ningún xeito! 35Establecerei con eles unha alianza eterna, de modo que eu sexa o seu Deus e eles sexan o meu pobo, e non volverei a mover ó meu pobo da terra que lle dei".
Currently Selected:
Baruc 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: