Baruc 3
3
1Señor todopoderoso, Deus de Israel, un ánimo angustiado e un espírito esmorecido está clamando a ti.
2Escoita, Señor, e ten piedade, pois pecamos contra ti.
3Ti es Rei para sempre, pero nós para sempre estamos perdidos.
4Señor todopoderoso, Deus de Israel, escoita a súplica dos desgraciados de Israel, dos fillos que pecaron contra ti,
que non fixeron caso da voz do Señor, o seu Deus, e, por isto, nos perseguiron desgrazas.
5Non te lembres das inxustizas dos nosos pais, lémbrate nesta hora do teu poder e do teu Nome,
6porque ti es o Señor, noso Deus, e loarémoste, Señor.
7Para isto puxeches a fe en ti no noso corazón,
para que o teu Nome fose invocado e para que te loásemos no noso desterro.
Apartamos xa do noso corazón toda a iniquidade dos nosos pais, que pecaron contra ti.
8Ollanos aquí no noso desterro, onde nos dispersaches,
convertidos no escarnio, na maldición e no pago de toda a iniquidade de nosos pais,
que se apartaron do Señor, noso Deus.
Meditación sapiencial:
A) Exhortación a escoitar para aprender a Sabedoría
9Escoita, Israel, mandamentos de vida;
atende ben, para aprender a discernir.
10Que sucede, Israel? Por que estás no país dos inimigos,
e avellentaches nun país estranxeiro?
11Por que te volviches impuro cos seus cadáveres,
e fuches contado cos que van ó Hades?
12Abandonaches a fonte da sabedoría.
13Se camiñases polo vieiro de Deus,
habitarías en paz para sempre.
14Aprende onde está o discernir,
onde está a forza,
onde está a intelixencia para coñecer;
aprende tamén onde está a vida longa e a felicidade,
onde está a luz dos ollos e a paz.
B) A Sabedoría é inaccesible ó home
15Quen atopou o seu lugar?
Quen entrou nos seus tesouros?
16Onde están os xefes das nacións
e os señores das feras da terra?
17Os que xogan cos paxaros do ceo
e fan os seus tesouros con prata e con ouro
—o ouro no que os homes tiñan posta a súa confianza—,
aqueles dos que a cobiza non ten fin?
18U—los que labran con todo coidado o ouro,
e nin sequera hai invención ningunha nas súas obras?
19Desapareceron e baixaron ó Hades,
e outros ocuparon o seu posto.
20Outros máis novos viron a luz
e habitaron na terra,
pero o camiño da sabedoría non o coñeceron,
21nin fixeron caso dos seus vieiros,
nin se preocuparon dela;
os seus fillos quedaron atrás dos mesmos pais.
22Non se oíu en Canaán,
nin se viu en Temán,
23nin os fillos de Agar que procuran o saber sobre a terra,
nin os arrieiros de Merrán e de Temán,
os expertos en mitos e os que buscan o saber,
non coñeceron o camiño da sabedoría
nin se lembraron dos seus vieiros.
24Israel, que grande é a Casa do teu Deus!
Que ancho é o lugar dos seus dominios!
25Grande, e non ten fin;
alto, e non ten medida.
26Alí foron xerados os famosos xigantes dun tempo,
foron grandes, expertos na guerra.
27Pero a estes non os escolleu Deus,
nin lles ensinou o camiño da ciencia,
28e pereceron por non teren discernimento,
pereceron por falta de reflexión.
29Quen subiu ó ceo para coller a sabedoría
e facela baixar desde as nubes?
30Quen pasou á outra beira do mar,
para buscala e traela a prezo de ouro precioso?
31Non hai quen coñeza o seu camiño,
nin quen discorra o seu vieiro.
C) Tan só Deus a coñece e, coa Lei, deulla a Israel
32Pero o que o sabe todo, coñécea,
invéntaa co seu saber.
O que formou a terra para a eternidade,
encheuna de animais de catro patas.
33O que lle manda á luz que veña,
chamouna e ela obedeceu con temor.
34As estrelas refulxiron ledas nos seus escondedoiros,
35El chamounas e respondéronlle:
"Aquí estamos!"
Refulxiron con ledicia para o seu Creador.
36Este é o noso Deus,
non hai outro a El comparable.
37El inventou todo o camiño da sabedoría
e ensinoullo a Xacob,
o seu servo, e a Israel, o seu benquerido.
38Despois disto, a sabedoría apareceu sobre a terra
e viviu entre os homes.
Currently Selected:
Baruc 3: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT