YouVersion Logo
Search Icon

2 Samuel 8

8
Guerras e conquistas
1Despois diso David venceu ós filisteos e someteunos; e arrebatoulles Gat coas súas aldeas.
2Venceu tamén a Moab e, deitándoos polo chan, mediunos co cordel. Dúas medidas destinábaas á morte e unha deixábaa con vida. Os moabitas quedaron sometidos á David pagándolle tributo.
3David derrotou tamén a Hadadézer, fillo de Rehob, rei de Sobah, cando ía impor a súa man sobre o Éufrates. 4David colleulle prisioneiros mil setecentos xinetes e vinte mil soldados de a pé. Cortou os xarretes aos cabalos dos carros, deixándolle soamente cen de todos os que tiña.
5Os arameos de Damasco acudiron en axuda de Hadadézer, rei de Sobah, e David matoulles vinte e dous mil homes. 6David instalou postos en Aram de Damasco e os arameos quedáronlle sometidos pagándolle tributo. O Señor concedeulle éxito a David en todo o que emprendeu.
7Os oficiais de Hadadézer quitoulles David os escudos de ouro e levounos a Xerusalén. 8En Tabah e Berotai, cidades de Hadadézer, colleu o rei David bronce en moita cantidade.
9Cando Tohu, rei de Hamat, soubo que David derrotara o exército de Hadadézer, 10mandou xunto a el ó seu fillo Adoram, para saudalo e felicitalo, por combater e vencer a Hadadézer, pois Tohu estaba tamén en guerra con Hadadézer. Adoram levoulle unha vaixela de ouro, de prata e de bronce, de regalo.
11O rei David consagroulle iso ó Señor, como consagrara xa a prata e o ouro de todos os pobos que vencera, 12Arameos e moabitas, amonitas, filisteos e amalecitas, e mais o botín de Hadadézer, fillo de Rehob, rei de Sobah.
13David adquiriu unha grande sona. A súa volta de Aram derrotou a Edom, no val do Sal, matándolle dezaoito mil homes. 14Es—tableceu postos en Edom, que estaba todo sometido a David. O Señor concedeulle éxito a David en todo o que emprendeu.
Os oficiais de David
15David foi rei de todo Israel e gobernou o seu pobo con xustiza e con equidade. 16Ioab, fillo de Seruiah, era o xefe do exército; Ioxafat, fillo de Ahilud, era o cronista; 17Sadoc, fillo de Ahitub, e mais Abiatar, fillo de Ahimélec, eran os sacerdotes; Seraías era o secretario 18e Benaías, fillo de Iehoiadá, o xefe dos quereteos e dos peleteos. Os fillos de David eran sacerdotes.

Currently Selected:

2 Samuel 8: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in